GHASTAS PISTA: Non é verán de Estrella Damm (Ezetaerre)
Esta canción, Non é verán de Estrella Damm, pertence ao grupo musical de hip hop galego Ezetaerre que se formou na Coruña en 2015. Está composto por tres homes: Miguel García, Juan e Pedro Iglesias. A súa canción fala sobre as sensacións que sempre trae o verán despois do frío do inverno. Trata as cousas típicas que se fan nesta estación en Galicia. Tamén critica moito ós estranxeiros que veñen facer turismo e ir á praia. Di que por toda a atención que se pon no turismo están a estragar a alegría do verán. Na peza musical tamén se aprecia a emoción que todos temos cando comeza esta estación.