GHASTAS PISTA: Cedeira (Guadi Galego ft. Iván Ferreiro)

    A cantante Guadi Galego volve render homenaxe ó seu pobo. Cedeira é o tema do álbum do 2019 desta artista, chamado Inmersión

    Esta canción, orixinalmente incluída no álbum O mundo está parado, conta coa colaboración de Iván Ferreiro. Con Iván, Guadi xa colaborara na gravación da banda sonora da serie Fariña.

    A cedeiresa canta en galego, portugués, castelán, euskera, occitano, catalán e asturiano. Por este motivo ten varios temas traducidos a sete linguas. Para cantar en tantos idiomas ten múltiples colaboracións e un talento ao que nos ten acostumados.



Kiara Tombo Gómez 3ESO C