Plumas de 3º C-B
Plumas 3ºC-B
MICRORRELATOS
1.
2.
Escoitábanse as onomatopeas do can mentres que o seu dono miraba o televisor.
Era unha noite de entroido, na que este quedara na casa xa que non tiña diñeiro nin
amigos para saír. Vivía da delincuencia, pero sen colaborar con ningúen: executaba
roubos a gasolineiras individuais.
Decatouse, aínda que tarde, que o animal ladraba porque a policía ía entrar a
detelo, polo que fuxiu polo camiño que tiña deseñado para estas ocasións. Porén non o
lograron atrapar. Non foi a primeira vez que pasou isto, pero desta volta, o corpo de
seguridade, canso de que fuxira, tiroulle unha cunca que tiña para beber viño que
deulle ó ladrón na cabeza. Deste modo, caeu esvaecido ó chan.
Resultou estar morto. A súa alma quedara na comisaría vagando toda a vida
3. Eu xa sabía que ía a quedar só na casa, o cal desencadear as consecuencias que o demo impuxo se non facía o que me dixera. Porén, estaba preparado para o que pasase e asumir as consecuencias. O único que me tranquilizaba era o meu can Albus bebendo do súa cunca.
Non tiña escapatoria ningunha. Do mesmo modo, podería enfrentalo, aínda que era improbable gañar. O único que me importaba era a miña supervivencia e a do meu camarada Albus. Polo tanto estaba ó seu carón para protexelo.
Durante as miñas recapacitacións, escoitei algo. Máis ben o sentín. Sabía que El xa estaba alí e intentaría asasinarme, aínda que eu non pensara que iría vir en persona senón que mandaría a un dos seus escravos. Aquí é onde fun asasinado. Na miña propia casa. Por que? Esa xa é outra historia.
Gabriel Fernández Pérez
4.
O PAZO
Saía o sol coma nun día normal. Pasou a mañá e non se vía nada fóra do común. Pola tarde escoitouse un forte golpe, pero, coma é época de festas, pensaron que fora un cohete. deixaron o estruendo e seguiron coa tarde.
Xa na noite pechada, escoitáronse ruidos, seguido destes, un forte golpe, viña da cociña, foron a ver e viron unha cunca rota no chan, esta, tiña que estar agachada nun estante, porén, alguén a movera ou directamente a tirara.
Asustados, buscaron polo resto da casa por alguén, a pesar de que, se tira entrado alguén o can tiña que impedilo, pero, por alguna razón, o can non estaba, cada vez, con maís medo, buscaban o intruso na casa, na planta baila non atoparan a ninguén, na primeira tampouco, foron ver, por último, a segunda,
Iván Iglesias Campos 3ºC
5.
O FIN NA RÚA DA VINGANZA
Eran as doce e media da noite e non había unha soa luz acendida en toda a rúa da Vinganza. Alí, no medio e medio, había un can sentado diante dunha cunca chea dalgún líquido verde que o animal descoñecía, polo tanto non bebía.
Coma un lóstrego escoitouse un ruído abismal na rúa e o canciño botou a correr pero non me dera de conta que, contra o fondo da rúa, parecía haber unha figura humana con algo que se me asemellaba a unha pistola na man.
De súpeto outra figura apareceu. O home tiña algo na man que non lograba distinguir. Volveuse escoitar outro estrondo que saía da pistola do outro home. Do mesmo modo escoitouse outro disparo que viña do outro lado da rúa. Nese momento tiña que me ter movido, porén, non o fixen e falecín no acto.
Antón Justo Vicente (3ºC)
6.
7.
OS CELOS
Era unha
parella feliz porén Alicia pasaba moitas horas soa por mor do traballo de
Andrés. Polo tanto, el decidiu mercarlle un can. A chegada de Tom foi toda unha
sorpresa e, co paso do tempo, o cadelo convirtiuse nun membro máis. Tom e
Alicia pasaban moitas horas xuntos e entre eles foise forxando unha grande
unión ata o punto de ladrar cando Andrés se acercaba a ela.
Cando o can
tiña tres anos, naceu Breixo. Coa súa chegada, o can estaba moi raro. Do mesmo
modo, púñase a mirala detidamente con rancor.
Un día, o bebé estaba durmindo no salón e Alicia subiu ao seu cuarto. De súpeto, escoitou un ruído moi forte e o rapaz comezou a chorar. Baixou correndo e viu unha cunca esnaquizada no chan e ao can, fóra de si, abalanzándose sobre o berce.
Miguel Otero Vázquez 3º ESO C
8.
9.
10.
11.
12.
13.
A miña millor amiga, Clara, ia vir a casa do meu pai. Clara, despois dun rato acercouse a min e dixo que lle daba medo meu pai, recordaralle a un asisino dunha pelicula, nela o pai da protagonista mataba a sua millor amiga
Ao espertar non vin a Clara polo tanto fun ver se atopabaa. Non a atopei poren fun preguntarlle o meu pai, el miroume un anaco e dixome que non. Despois comimos, non sabería dicir de que era esa carne máis sabia fatal. Ó tirar os restos no lixo encontrei dous ollos e cabelo. A miña irma e máis eu intuimos que aquilo era Clara.
Asustadas corrimos ata chegar a unha costa vimos tres casas con tres cans xigantes. Ao carón de cada un deles vimos dous cuncas, unha valeira e outra con carne. Miña irmá acercouse ó can máis cercano e colleu unha, nese momento espertou e clavoulle os dentes. Do mesmo modo os outros dous espertaron polo choro e xuntos comeronna. Corrin ata meu pai. Conteille todo o acontecido, chorando. Mandoume entrar e relaxarme. Unha vez dentro pechou todo con chave e atoume. Tratei de gritar e sair mais era tarde.
Antía Rodríguez
14.
Un fatídico día estaba camiñando pola rúa cando de súpeto entráronme moitas gañas de beber,porén, parei nun local para pedir unha cunca de auga. Cando calmei a miña sede seguín inocentemente co meu paseo sen ter nin idea do espantoso suceso que ía acontecer despois.
Estaba chegando a miña casa cando ó fondo do camiño escoitei un ladrido de can. Nese momento case morro porque dende cativa teño un medo atroz aos cans. Nuns momentos apareceu un can enorme pero sempre me dixeron que cando pasara ó lado dun mantivese a calma, do mesmo modo así o fixen. Estaba a piques de entrar no meu portal cando sucedeu algo que cambiaría a miña vida.
Sen esperalo o animal abalanzouse sobre min e pola impresión do momento non puiden botar a correr, polo tanto a besta aproveitou o momento para engulirme. Dende ese día vivo na barriga do can, agardando a que chegue o día en que alguén veña e me saque de esta prisión pestilente.
Irene Román
15.
16.
17.
18.
19.
Cando entrei pola porta da miña casa despois dun turno de tarde devastador, escoitei uns ladridos mais non lle din importancia. Polo tanto fun á cociña a cear.
Mentres tanto escoitei o son dun animal lamendo unha cunca, parecía ser un can. Porén comecei a tomarme máis enserio o asunto. Saín ó corredor e atopeime cunha cunca dando voltas a si mesma. Do mesmo modo que se alguén a tirara alí sen moito coidado. Decidinme por gardar a cunca nun caixón con chave para poder durmir tranquila. Aunque en realidade era o último que sentía. E estiven cavilando no sucedido ata que o cansancio a consumiume e rematei durmíndome.
Cando de súpeto espertei atemorizada porque soñara co meu can, que morrera fai 1 ano, lamendo unha cunca no meu corredor.
Noa Lopez Fermoso
20.
21.
Vinme reflexado na leite da cunca como todas as mañás. Levantei a vista para a parede de frente. Durante uns segundos quedeime observando a cor da parede, porén dinme conta que a sange contrastaba moito co branco da parede. As voces que escoitaba foron apagandose pouco a pouco e a vista empezou a nubrarse.
Cando volvín abrir os ollos xa non estaba a parede nin as persoas, envolvíame unha oscuridade inmensa. Só quedabamos a mesa, coa cunca, mais eu. Sentín un escalofrio, polo tanto mirei detras miña, mais só encontreime cun espazo profundamente oscuro. Cando vin o que estaba a contecer na cunca, o corazon deume un salto. Apereceu reflexado no leite un can. Quedei sen alento, cando o seu fociño saiu da cunca para oliscame. Polo tanto desmaíeime.
O volver abrir os ollos estaba nunha camilla, cunha emfermeira ao lado, dicindo:
Fai tempo que non tes alucinacions, mais hoxe pola mañá tiveches unha. Do mesmo modo tes que seguir tomando a medicación pra poder sair.
22.
23.
24.
1. CEBRIBELLA: (cebra e abella )
A miña Cebribella é unha mestura dunha abella e dunha cebra...A miña mascota ten corpo dunha cebra e ten un aguillón onde debría estar a cola. A miña Cebribella tamén ten ás impermeables coas q pode voar e transportarse de sitio. A su cabeza é a cabeza dunha abella. Tamén é moi coqueta e moi bella.
Cebribella pode picar á xente que lle fai dano ou que lle molesta. Todas as veces q queira porque o seu veleno é infinito. O seu veleno fai que a xente que lle pique sexan seus escravos durante unha hora.
A miña mascota tamén pode falar todos os idiomas do mundo. Aliméntase do chocolate e dos ovos que lle dá Vacapita(a sua mellor amiga). A cebribella encántalle nadar e durmir. Pásase o día durmindo!
2. O raposo perezoso
O raposo perezoso ten unha estrutura moi peculiar. A súa cabeza é a mesma ca dun raposo, pero coa forma dun oso perezoso: pegada ó corpo coma se fose un muñón, ainda que ten orellas que sobresaen da cabeza. Esta é a única parte que ten unha cor entre marrón e branca, porque o resto é laranxa. Ten as patas delgadas cunhas mans pequenas das que crecen unhas largas pezuñas coas que pode agarrarse ás nubes. Enriba das patas atópase un gran torso de raposo, pero sen a súa característica cola, xa que a perdeu nun enfrentamento contra un lobo pola loita dun tesouro. A partir dese momento creceríalle un pequeno rabo coma o do perezoso.
Este híbrido entre un raposo e un oso perezoso durme onde ninguén o ve. Non obstante, xoga un papel importante na vida da xente. Cando está esperto, podería miralo todo o mundo pero poucas persoas o conseguen. Cando está esperto, o único que fai é vagar polas rúas sen ganas e con preguiza. O seu organismo pídelle que se pase a vida durmindo, pero o seu instinto que vaia cazar. Como consecuencia, está sempre canso. Cando alguén toma pastillas vermellas e amarelas, Raposo perezoso fai a súa aparición. Este animal durme nas nubes, xa que é o único ser capaz de convertelas en algodón sen que ninguén se dea conta. Mentras durme, no é consciente do que fai, pero cos seus sonos é capaz de controlar todo o que vai pasar na vida de cada un. Isto sucede porque o que soña a mente do raposo convírtese en real, e esta ten miles e miles de sonos ó mesmo tempo. Ás veces libéranse algúns pensamentos e soñámolos nós e posteriormente reprodúcense na realidade, o que é coñecido como déjà vu.
A historia do raposo perezoso é moi peculiar. Comeza no século XX. A súa nai era unha campesiña que se ganaba a vida como podía: traballando todo o día para sacar un soldo pésimo que apenas lle permitía comer todos os días. Esta muller non tiña familia e por culpa do seu traballo non podía ter moita vida social, pero un día achegouse un mozo cun chándal Lacoste e unhas botas manchadas de vir traballar do campo. Este amable individuo presentouse e preguntoulle á señora como se chamaba. Comezaron a manter unha conversa ata que fíxose de noite e os dous volveron á casa. Non volveron a saber nada deles ata dúas semanas despois que volveu o señor. Volveron a falar e pouco a pouco xordía un sentimento de amor. Un día foron á casa da nai do raposo perezoso. Estaban falando nunhas cadeiras que había na casa. Comezaron a falar de que cada un tiña un instinto de animal: a muller tiña instinto de raposa e o home de oso perezoso, pero non lle deron importancia a esa charla. Ese mesmo día comezaron a ser noivos e nun ano terían un fillo. Cando faltaba un mes para que nacera o bebé, a parella notou que ía cambiando o seu aspecto físico e que se convertían nos animais que dicían que tiñan o instinto. O día que naceu o raposo perezoso, morreron os seus pais non se sabe por que e este naceu cun extraño aspecto e habilidades.
Gabriel FernándezFiguieró
3.
XIRRATO
O meu animal é unha mestura dunha xirafa e un rato. Ten o tamaño dunha xirafa e o pescozo moi longo. Tamén posúe pernas de xirafa, pero as súas patas seméllanse ás dun rato. Xirrato come gatos xa que ten os dentes afiados mais come igualmente as follas das copas máis altas das árbores. Polo tanto, pertence á familia dos omnívoros.
En casos de extrema urxencia, pódese transformar nun rato pequeniño para fuxir dun animal máis grande ca el. O seu longo pescozo ten a habilidade de alongarse ou acurtarse a pracer.
O MOTA
O mota é unha mezcla de mono e rata. Ten a axilidade e aspecto dun mono, pero o tamaño e os bigotes dunha rata. Come pequenos insectos, coma mosquitos ou grilos.
Habita nos cubos de basura da rúa. Cando chega a noite, sae as casas para roubar o cambiar de sitio de cousas, as suas cousas favoritas de roubar son os cartos e as chaves, cando volve polo dia ao seu hogar, almacena as chaves e tira os cartos pola rúa, soen ser monedas de 1 ou 2 céntimos.
Só teñen crías en primavera, deixan os bebes nas polas das arbores, pola súa conta teñen que baixar e buscar un hogar.
Iván Iglesias Campos 3ºC
5.
O PACÁN
O pacán é un animal que habita as profundas montañas dos Ancares, xa súa que é un animal salvaxe. Ten un corpo de pato, co que pon ovos de distinto tipo e lle permite voar. A súa cabeza de can permítelle asustar aos seus peores inimigos.
Esta especie é pouco sociable, porque vive tan soa nas montañas que non adoita atoparse con ninguén. De todos modos, é máis fácil de ver no verán, cando está máis activo. Pero no caso de que te atopes con algún destes animais, nun principio, non deberías asustarte, dado que o animal quererá facerse o teu amigo. Non obstante, se te atopas cun pacán que xa ten un amigo, comeza a correr. Pode matarte co seu veleno que solta ao morder á súa presa. Só saberás se un pacán xa compartiu a súa amizade, no momento do encontro. Polo tanto, corres un certo risco.
Os ovos que pon o pacán poden ser de distinto tipo: ou da cor dun ovo normal ou negros. Tes que diferencialos moi ben xa que os negros só os pon o pacán cando xa ten un amigo, e son velenosos. Polo tanto, se son dunha cor normal, non te preocupes. O pacán busca a alguén, e eses poderás comelos.
Antón Justo Vicente (3º C)
6.
O GATICAN
O gatican e un animal no que se xuntan un gato e un can. Mide uns 20 centimetros de alto e 30 de largo. Iste animaliño é ideal para ter nun piso porque e cariñoso coma un can e perezoso coma un gato polo que vai pasar ao teu carón case todo o día durmindo.
Os cores principais son o negro e marrón claro. Ten corpo de gato e cabeza de perro. Resaltan a s suas orellas e a forma da súa cara.
Para mantelo vivo solo se necesitan dúas cousas: ter moita comida, debido a que come dobre, comida de can e de gato, e segundo ter pelotas e ratóns de xoguete para que así se entreteña os ratos que se desperta. Anxo Lamelas Ramos 3º ESO C
Hoxe vouvos describir á
miña mascota. Trátase dunha patovella,
unha mestura de pata e ovella.
O
meu animal de compañía ten un peteiro de cor amarela e o corpo cuberto dunha
branca lá que é suave como o algodón. Cando está contenta a súa lá e o seu
peteiro vólvense de cor laranxa mais se está enfadada tórnanse negros. Anda a
dúas patas xa que lle gusta copiarme pero vai un poco máis lenta ca min. Aínda
que ten dúas ás e parece que vai voar só as usa para bear. A miña patovella só
me dá ovos cando lle dou un bo susto.
Ademais
é tan agarimosa que sempre está ao meu carón e gústalle moito que lle dea
caricias.
O pican é unha mezcla entre unha pita e un can. Camiña so sobre dúas patas, que é a parte animal da pita. E a parte de enrriba é de un can.
Cando crece a parte da pita convertese en galiña e pon ovos. Os seus ovos son un tanto especiais, teñen un tamaño maís grande dos do ovo da galiña normal, pero son máis pequenos que os ovos de avestruz.A parte de enrriba como ya dixen antes é un can, pero un can un tanto especial. Non ladra polo día, se non que cacarea, e pola noite ladra. Alimentase de penso de galiña e de can, hai que variar cada sema.
O seu comportamento é moi cariñoso e amigable, comportase ben e é moi calmado. Cando pon ovos os coida moito e cando lle lanzan unha pelota para xogar é como un can máis.
9.
10.
A QUENGA
11.
12.
13.
14.
O gatoconcho
O gatoconcho é unha mestura dun gato e dunha tartaruga, ten a cara dun gato e o corpo dunha tartaruga.
Ó gatoconcho gústalle tomar o sol, nadar pero sen dúbida o que mais lle gusta ao gatoconcho e xogar con nobelos de la. Cando o gatoconcho se asusta ou enfádase métese na súa coiraza, do mesmo modo, cando esta alegre estira a súa cabeza todo o que pode.
As tartarugas e os gatos son animais domésticos, polo tanto, ó ser unha mestura dos dous, os gatosconchos son animais habitualmente domésticos. Non obstante tamén hai algúns exemplares que habitan en pequenas charcas ou en árbores.
Irene Román Montenegro 3 ESO C
15.
O Budoniño
O Budoniño presenta unhas faccións delicadas e unhas cores suaves. De cor branca por debaixo e marrón polos lados, posúe un peteiro de cor amarela e unhas ás fermosas e grandes. Nace da reproducción dun bufo e dunha doniña.
Esta ave é un animal especial, vive durante o día máis tamén pola noite. Non se alimenta, non é debido a que non o precise, é da opinión de que ningún tipo de ser vivo debe ser arrebatado dese sobrenome. Morrerá pois de fame, pero tanquilos, viven centos de anos.
Un animal traballador que non dubida en axudar a calquer animal ou persoa que atope perdida polo bosque, ese é o seu oficio. Carismático e silencioso, acércase e amablemente pregunta de onde procedes, onde vas, e para qué. Cas túas respostas, valorará se as túas intencións son nobles e debes, pois, pasar. A súa cortesía e amabilidade serán envidiables, máis deberás corresponderlle, de non facelo, darate mal as indicacións e perderaste inevitablemente. Ten claro que está alí para axudar, por suposto a quen o merece.
16.
O GOLFIPOSO ÁRTICO
O meu híbrido, é a mestura dun raposo das neves e un golfiño. Este animal posúe unha cor branca, xa que se asemella á apariencia de raposo ártico, pero ó algo que o diferenza dos demais: en lugar da cola espeluxada e pezuños robustos: esta misteriosa especie existe nun mundo cheo de mitoloxía, polo que acadou unha gran cola de golfiño, a aleta dorsal e outras máis pequenas nas patiñas. Non obstante, pode vivir tanto na auga como en terra firme, aínda que de todos modos precisa cousas dámbalas superficies para subsistir: para habitar o medio mariño, é quen de respirar baixo a auga, bucear a grandes profundidades e cazar en solitario, armado cunha gran astucia, os mellores peixes do norte; mentres que, se quere pasar un rato na zona terrestre, usará a súa pelaxe para camuflarse entre os glaciares.
Adoita facer vida en solitario e cazar presas dun tamaño que moitos raposos normais temerían, xa que coa súa perfecta, branca e afiada dentadura, aparte de danar ós enimigos, pode xealos durante un bo tempo. Polo tanto, a súa merenda preferida, son os leóns mariños, aínda que ás veces, hai algún golfiposo ártico que se atreve cunha orca...
O seu carácter normalmente caracterízase pola súa esquividade e astucia, aínda que cando todavía son pequenos, antes de adquirir a independencia, gústalles estar xuntos entre eles para protexerse.
+
17.
18.
19. Noa López Formoso (3ºB).
O CANGALO
O can galo é unha mistura do can e do galo. Ten patas de can e ás de galo. A súa cara é como a dun can normal.
Cando está feliz ladra como os cans. Non obstante cando está enfadado, desgustado ou triste cacarea. Normalmente está relaxado, entón non ladra nen cacarea moito xa que está tranquilo.
No verán está na granxa e no inverno na cidade, en casa do seu dono. Sabe adaptarse ben ós dous entornos. Polo tanto ten amigos nos dous sitios.
O cangalo pon ovos e os reparte a todos os seus amigos da cidade e a granxa. Come todo tipo de alimentos menos os dulces, que nunca sentáronlle ben.
20.
21. O ZOROSO
O Zoroso é medio oso pardo medio zorro. Ten un torso robusto e forte como o dun oso, a súa pelaxe e suave y avermellada con tons laranxas dependendo da estación. Ademais ten unha cola grande e elegante coa cor do torso pero coa puntiña branca, aunque só esta desa cor cando esta alegre senón ten a cola toda avermellada. A cabeza tena ancha, o fociño puntiagudo e as orellas son grandes e puntiagudas.
O Zoroso é curioso e moi intelixente. É moi social e polo tanto ten moitos amigos. Normalmente esta cazando salmóns no río. Encántalle ler novelas de misterio e suspense, por iso o seu mellor amigo é o bibiotecario porque sempre se pasa a coller libros da biblioteca.
Pero a súa función e aconsellar a todos os animais do bosque. Ten unha casita no oco dun tronco onde alí van todos os animais a pedirlle consellos. Pois ben, o Zoroso non traballa todas a estacións do ano , xa que en inverno esta invernando na súa casa e en verán pasa o día no río cos seus amigos.
22.
O Monopardo é un animal híbrido, mezcla dun mono e un guepardo. Aínda que ten apariencia de mono, a súa pel ten o estampado típico dos guepardos. Tamén tengarras e dentes de guepardo, mais non morde, xa que non lle gusta a carne. Pola contra, gústanlle os anacardos e os espaguetis.
O Monopardo non produce ningún consumible. Sen embargo, é capaz de correr a oitenta quilómetros por hora, pintar cadros magníficos ca boca, cantar o Rap God de Eminem se trabarse nin afogarse, entre outras proezas polo estilo. Cando se aburre, gustálle tocar as maracas e xogar ao FIFA
Ao Monopardo gústanlle as gravatas de moño (pajaritas), e adoita levar una vermella de purpurina.Se lle regalas unha nova, pónse contento e empeza a facer o pino. Tamén leva botas, lentes de sol e o pelo verde. É moi guapo e, sobre todo, moi bo.
Saúl Santiago, 3ºB
23.
DIARIO DE EXPLORACIÓN
DÍA 1
Xungla do Panamá (Klatxu´k)
Oficial de exploración Warren
Hoxe visitamos un dos poboados Klatxii, no río Wahaunu.
Mentres camiñábamos pola beira do río, divisamos unhas estrañas criaturas, semellantes a simios, aínda que máis homínidos, desprazándose polas copas das árbores.
Eran esas criaturas polas que habíamos viaxado a esta parte do mundo. Os científicos descubriran recentemente estas estranas criaturas, e clasificáronnas nun novo xénero: os prolemurínidos.
O nome común do Pretolemureus quadribraccus caeruleus é prolémur de catro brazos ou prolémur araña azul. O nome que reciben nas selvas panameñas onde habitan é K’aluk ma´kto
É un animal fascinante: A súa morfoloxía é distinta á de calqueira ser vivo: É semellante a un mono, con orellas de gato e unha cara achatada coma a do morcego ferradura de Europa. Ten uns colmillos de 4 centímetros de lonxitude, e uns maxilares especializados en esmagar sementes, froitas e insectos. Os seus ollos son grandes e dun penetrante marrón castaño. O seu corpo é robusto pero estilizado, forte, e preparado para vivir nas árbores. A súa pel, que non ten pelo, é dunha cor azul intensa franxeada de azul oscuro con partes do corpo (como as pernas) amarelas.. Teñen unha cola de 1 metro, de cor azul rematada en amarelo. O seu rasgo máis distintivo son os catro brazos que posúe. Ten dous a cada lado do corpo. Cada un destes brazos remata en un dobre apéndice flexible que lle permite moverse con axilidade polas árbores e suxeitarse nas pólas. É un animal gregario, tende a vivir en mandas de 15 ou 20 individuos, os cales a mitade son femias e a outra mitade machos. Teñen de media dúas ou tres crías, que coidan nun niño situado nos ocos das árbores. Son vivíparos.
Son omnívoros, aínda que non soportan a carne.
Teñen un idioma propio baseado nos gritos, chasquidos e ruídos nasais e vocais. Son pacíficos, aínda que as femias poden volverse moi agresivas se atacan as súas crías ou perpetran no seu territorio. Son moi intelixentes, cun cociente intelectual moito máis elevado ca o 90% dos seres vivos. Teñen un sistema inmunitario moi forte. Pese a seren tímidos, a súa curiosidade sérvelles para achegarse aos habitantes dos poboados de Klatxu´k, os cales os amaestran e tratan coma animais de compañía, aínda que con sumo respeto, pois son animais sagrados para eles.
Os científicos cren que foron fruto dunha mezcla evolutiva entre os primeiros primates e algún cuadrúpedo prehistórico descoñecido.
Lucas Ruzo Hermida, 3º ESO B
24.
25.


