Retranqueir@s: Reguemos o galego!

    Nesta viñeta do Faro De Vigo, o debuxante e cómico Luis Davila, ilustra como o galego é ben pequeno e necesita moito rego.

    O galego é representado como unha pequena árbore con certas letras, algunhas das cales son o gue, o xe ou o pe. Dado que a árbore é pequena, a muller da dereita di que lle fai falta rego, polo que lle está a botar auga. Mais esta non é auga normal, son os falantes do galego e, ao ser tan pouquiños, non é de estrañar que a árbore letreira sexa pequena.

    A mensaxe desta tira cómica, é animarnos a falar máis o galego para que medre e se transforme nunha árbore forte e alta, con todas as letras do alfabeto.
 
Hugo Regueiro Pérez 2ºA