GHASTA PISTA: O teu camiñar (Carolina Rubirosa)
Carolina Rubirosa, unha das cantantes e compositoras de maior proxección de Galicia, presenta “O teu Camiñar”: o videoclip que acompaña á canción que se nomeou himno oficial do Camiño Inglés. Trátase dunha peza única, onde Julia Baird, irmá de John Lennon, percorre o Camiño xunto á artista.
O videoclip, lanzado a finais de 2019, rende homenaxe ao xenio de Liverpool, que proxectou facer o Camiño de Santiago xunto con Salvador Dalí e un grupo de hippies. Foi premiado este 29 de outubro na gala de entrega de premios do Festival Internacional de Cinema de Turismo Arty Tur Festival, celebrado en Aveiro entre o 26 e o 29 de outubro.