Día escolar da non violencia e a paz.

 DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ


    O trinta de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e a paz: unha xornada que ten a intención de recordarlle á xente nos centros educativos o importante que é convivencia. O obxectivo céntrase en non discriminar ás persoas polas súas características físicas, psicolóxicas, relixiosas, etc.

    Celébrase nese día exactamente porque é o aniversario da morte de Mahatma Ghandi. El promoveu a non violencia e a paz. Mais ,por defender esas ideas e outros motivos ,foi asasinado.

    Este día fai que, pouco a pouco, vaiamos mellorando como sociedade, aprendendo dende pequenos as actitudes e os comportamentos para poder convivir entre todos.

Icía Otero 2ºA