Plumas de 2º A-B
Plumas 2º A-B
MICRORRELATOS
1. Antón Álvarez Rodríguez 2ºA
Saía da taberna como todos os días, ansiaba chegar á casa. Deixara a enésima cunca de Albariño baleira e collera o seu Xsara para percorrer o tramo de estrada que o separaba do seu fogar.
Era tarde e, polo tanto, a visibilidade era nula. Xuntouse unha iluminación decadente cunha néboa que impedía ver máis alá de tres metros diante do automóbil. Logo dun cuarto de hora percorrido tranquilamente escoitando a mesma música repetitiva na radio, a melodía entrecortouse e deixou de soar. Decidiu parar nunha beiravía e topouse cun can.
O rostro do can parecía comido pola morte polo que aterrorizaba ao condutor. O animal achegouse, refregouse contra á perna do home e el, preso da ira e o medo, arreoulle unha patada. Nese intre o can saíu correndo. O home viu ante si unha manda de cadelos fantasmagóricos que saltaban sobre o mesmo derrubándoo e, do mesmo modo, mordéndoo ata a súa morte.
2. Antía Carreras Román 2º A
Un día de verán, un can chamado Esquío tiña moita pero moita sede e fame. Polo tanto dirixiuse ás súas cuncas onde se atopaba a súa comida e a súa auga. Cando chegou, non podía crer o que vía: as súas cuncas estaban baleiras. Primeiro observou una das cuncas. Do mesmo modo fixo coa outra. E nada, nin comida nin auga. Como iso non era normal foi a investigar cuarto onde se atopaba a comida, e o que atopou deixouno paralizado por completo.
Alí sentada xantando a súa comida encontrou a Lúa, a gata xefa de todos os gatos do barrio. Chamábana así xa que a forma da mancha da súa cara tiña forma de lúa chea. Esquío quedouse parado na entrada esperando que o gato reaccionara, pero como non o fixo, faloulle. A súa voz tremíalle, xa que oíra que Lúa tiña unas grandes e afiadas garras que podían cortarlle a cara enteira dun só movemento. Porén, como non respondeu Esquío achegouse, e cando ía a falarlle de novo, ZAS!! Lúa atacoulle... Despois Esquío espertou e non conseguiu durmir en toda a noite.
4.
5. Nadia García García 2ºA
Unha vez, nun chuvioso día de verán, unha nena estaba na súa casa xogando co seu can. A nena escoitou un ruído na cociña, e foi a ver que era. Ao entrar, viu que había unha goteira. Porén, púxolle unha cunca para que non manchara o solo e volveu co seu can.
Colleu o seu móbil para chamar a súa nai, pero non lle contestou. Logo dun rato, o seu teléfono comezou a soar, e ela pensou que sería a súa nai, polo tanto respondeu. Unha voz grave dixo: “Sei onde vives, non chames a policía ou será peor”. A nena asustouse moito e, de súpeto, o seu can comezou a ladrar.
Ela saíu correndo e foi a cociña. A goteira seguía alí. Do mesmo modo, a cunca estaba case ata arriba. Recolleuna e tirou a auga polo vertedoiro, pero cando foi volver a poñela, viu a un home cun coitelo na man, que saltou sobre ela e non tardou nin un minuto en asasinala.
6. África Rodríguez
Saín da casa mentres despedíame do meu can para ir a mercar unha nova cunca. Cando estaba pechando a porta vin que alguén mirabame por unha fiestra, porén, decidín non darlle importancia e empecei o meu camiño do mesmo modo que facía todos os días.
Máis tarde no traxecto, decateime de que a mesma persoa estaba seguíndome. Púxenme moi nervioso, sentín o seu alento no meu pescozo. Cando decateime, abalanzouse sobre min e caín ao chan, sacou axiña unha xiringa e intentou cravarma canto antes. Polo tanto, defendinme e agarreino con forza polo pescozo para deixalo sen alento, e así foi, mateino alí mesmo. De súpeto apareceu outro individuo da nada, colleu a xeringa e conseguiu cravarma.
Tempo despois foi entón cando decateime de que asfixiara o meu psiquiatra
7.Xabier Pavón
Erase unha vez un neno que estaba camiñando tranquilamente cando de súpeto encontrouse cun can que estaba comendo basoira. O neno diulle pena e quixo intentar levar o can a sua casa para coidalo.
Cando chegou a sua casa, entrou e lle preguntou a súa nai se podía ter o can e lle dixo que si pero que tería que coidalo el.O neno estaba moi feliz porque nunca tivera unha mascota e tiña moitas gañas de ter unha mascota na sua casa. Xogou toda a tarde co can que lle chamou Roky e tamen buscou videotutoriais de como cuidar un can porque non tiña nin idea.
O día seguinte cando foi para o colexio o can quedou so no seu cuarto e sobre as dez o can empezou volverse louco e empezou a tirar ou romper todas as cousas que via por diante. Rompeu un coxín, unha cunca da visaboa do neno, o ratón e incruso tirou o portatil o chan. Cando o neno chegou e entrou o seu cuarto asustouse moito, enfadouse moito co can e tiveron que limpar todo o cuarto
8. Xabier Linares
9. Xabier Martinez Álvarez
Era un dia tranquilo e Juan estaba volvendo do bar despois de tomar un pouco de viño nunhas cuncas cos seus amigos da infancia. Polo tanto despois diso foron a casa a durmir pero a Juan no lle funcionaba o coche e os seus amigos xa marcharan.
Juan era unha persoa bastante miedosa. Tiña medo dos espíritos e esas cousas. Porén sacou a seu móbil rápido. Chamou a un guindastre para que levasen o seu coche. Mentras tanto Juan escoitaba uns ruídos cada vez máis cerca.
Escoitou o son ao lado del e espantouse: era un can moi mansiño! Un tempo despois chegou o guindastre e acabou todo o pesadelo de Juan.
10. Helena Montero López 2ºA
Un can chamado Sisi foi á cociña a beber auga da súa cunca. Cando estaba bebendo, escoitou un ruído. Xirouse mirando a porta e alí estaba un señor moi alto cunha cicatriz en toda a cara. O señor díxolle que para que non o raptase, tiña que darlle a chave da caixa forte dos seus donos, e que nin se atrevese a ladrar. Porén, Sisi comezou a facer ruído e díxolle que non lle daría a chave.
Do mesmo modo, os donos espertáronse. Mentres que Sisi ladraba, o señor ía caendo no chan, como se lle disparasen. Polo tanto, chegaron os donos de can e quedáronse como paralizados, estaban flipando.
Finalmente, o señor esvaeceuse, coma se o vento o levase. Os donos recoñeceron ao señor. Era un traballador da súa empresa, que lles intentara roubar fai uns anos. Nunca descubriron por que o home esvaecérase.
11. Icía Otero Méndez 2º A
María era unha nena á que lle encantaban as películas de terror. Aquel día quería ver unha nova. Polo tanto foi coller os seus doritos e acender a tele. Puxo as lambetadas nunha cunca e comezou a ver “ O Conxuro”.
Pasada media hora apareceu o seu cadelo, Rufo. Porén deixou un lugar no seu sofá para que se sentara. Cando Rufo sentou, María sentiu que algo raro estaba pasando. Botoulle unha ollada ao seu can para ver se estaba ben mais, xa era demasiado tarde.
Un calafrío percorreu o seu lombo. Que pasou? Preguntouse ela. Volteou cara a súa dereita. Alí viu o que nunca pensara ver. Era o seu can sentado na mesma posición na que estaba ela antes. Do mesmo modo, ela estaba na súa posición anterior. O máis aterrador foi escoitalo dicir: "María as cousas ás veces dan un xiro inesperado. Verdade que si ?"
12. Eiroa Raimúndez García
Era un día frío de inverno. Polo tanto estaba envolta en mantas, case nin me podía mover. Tamén estaba acompañada do meu can. Encontrábame case durmida cando escoitei un ruído que viña do soto. Tentada polo que podería haber, baixei con todas as mantas.
O que atopei foi unha goteira. Estaba caendo nunha cunca por iso facía ruído. Entón subín, xa non tiña nada que facer alí. Cando intentei ascender, manqueime coas mantas, porén, non caín.
Aarecín nun sitio que asemellaba ó meu soto. Un home co rostro tapado estaba en fronte miña, había outro detrás. O segundo indicoume que camiñase cara diante. Cando avancei uns dez pasos, volvín aparecer no meu soto. Nunca souben nada do que pasou, ou non o lembro. Do mesmo modo prefiro non sabelo.
13. Hugo Regueiro
Un día, un can ía pola rúa moi asustado. Estaba abandonado e só, fronte esa inseguridade que provoca a escuridade. Este can aterrorizado e escorregadizo, choraba. Mais non choraba pola súa vida tan triste, non, a iso xa estaba acostumado, estaba taciturno porque o can sabía que algo estaba aí. Unha presenza, un algo cun sorriso malévolo que agardaba un acontecemento. Porén, do mesmo modo que o can sentía ese algo, esa presenza o sentía a el.
O can corría e corría, mais non podía fuxir. Polo tanto, o can foi refuxiarse e, de súpeto, viu unha cunca de auga. Nela o can puido cheirar o fedor a podre e putrefacción. O animal fuxiu rapidamente, pero non debeu. Un coche atropelouno e esparexeu o seu corpo por todo o canellón acabando a maioría na cunca que, no reflexo da auga vermella, púidose ver un ser de aspecto indescritible cun sorriso de cella a papo.
14.
15.
16. Pablo Rodríguez
A noite estaba volvéndose cada vez máis presente no bosque de secuollas e a néboa avanzaba co caer do Sol. Pam, o cal estaba buscando fentos entre os pozos de barro, decatouse de que o Sol estaba a dous dedos de ocultarse entre as árbores.
Rapidamente
tapou a cunca de madeira ca que iba a recoletar os fentos e a gardou na súa mochila. De seguido
subiuse a lombos do seu cabalo, e xusto antes de que o seu animal
comezara a correr, caeu
a noite, escura e perigosa, sobre todo nese tipo de bosque, non era un terreo apto para cavalgar nese momento.
Un noxento aroma que iba polo aire chegou ao nariz de Pam, e xunto a esa peste, Un Can enorme, negro, o cal tiña a metade do corpo feita de fume e tiña unha caveira en vez de cabeza. A besta se acercou a Pam e ao équido ensinando os cabeiros mentres gruñía, a mesmo tempo que lobos negros, feitos de fume, saían de detrás das inmensas árbores con ganas de manchar de sangue os seus dentes. Pam estaba aterrado porén, tiña que saír desa situación.
17. Hugo Linares Rey
ROKY E AS 15:51
Unha neglixencia veterinaria levou á morte do meu can. Desfíxenme de todo o que me
lembraba a Roky, porén, e non sei por qué, non me desfixen da cunca do meu
inseparable amigo. Pasou o tempo, e recuperei a miña vida, a miña vida cotiá. Entre esa
rutina estaba o meu almorzo de cereais na miña cunca de cores vivas.
Pero... unha tarde de inverno ás 15:51 encéndense todas as luces da miña casa, a pel
enfríame e os cabelos póñenseme de punta. Un aire frío corre polos meus nocellos...
golpes, moitos golpes, ruídos estranos, caen cadros das paredes, os pratos saen voando
dos armarios e de súpeto todo para. Moito medo percorre o meu corpo. Do mesmo modo,
ao día seguinte, almorzo na miña cunca de cores e outra vez, ás 15:51, no reloxo da
parede do salón. Golpes, moitos golpes, ruídos estranos, cadros caen das paredes,
pratos saen voando dos armarios e de súpeto todo se detén, de novo a mesma
secuencia, día tras día, semana tras semana nese momento, a miña casa transfórmase.
Un ano despois da morte do meu can Roky, ás 15:51 xa afeito á locura dos golpes, algo
me roza o pé, algo faime saltar do sofá, un mordisco, un berro, un silencio, en esa orde.
Quédome de pedra e a cunca de Roky é a única que está no chan xirando pola súa
conta,polo tanto póñome moi nervioso e xiro a cabeza buscando o meu can e escoito
uñas na parede. Non vexo nada. Desconsolado, espero ao día seguinte. Golpes, pratos
rotos, silencio... e sigo coa miña rutina.
18.
19.
20.
21.
22.
23.
24.
1. Antón Álvarez Rodríguez 2ºA
Caperuchiña salva aos porquiños
Xa levaba un tempo no bosque camiñando, cando chegou o momento en que Caperuchiña Vermella, que así se chamaba, debía elixir o camiño que escoller para realizar a visita á nova casa da súa avoa. Mentres se debatía entre o camiño longo ou o curto, pasou como un lóstrego o que parecía un animal que se desprazaba a catro patas. Axudoulle a decidir, pois coma el dirixiuse ao camiño longo, ela seguiuno.
Logo de camiñar un tempo por aquel camiño cheo de raíces, así como tamén de pequenas pedras, adentrouse nunha zona na que curiosamente estaba todo cheo de palla. Alzando un pouco a vista descubriu a un lobo que trataba de derrubar unha modesta casa de madeira. Comenzou a pegar trompadas contra aquela construción, pouco a pouco víase como o edificio se derrubaba. Cando estaba a piques de caer, a nena viu como saían dous porcos por unha porta oculta na parte traseira da casa. Todos os animais saíron correndo, polo que, tras eles, saíu correndo Caperuchiña. Conseguiu esconderse tras unha pequena árbore, dende alí observou coma os porcos entraban nunha casa de ladrillos. O lobo desesperábase. Despois de ver como ao lobo facíaselle complicado romper coa edificación, Caperuchiña comezou a acercarse.
Un dos porcos observouna a través dunha fiestra, prestando atención, estaba á espera de ver que sucedía para reaccionar. De súpeto Caperuchiña saca a caperucha vermella que leva posta, enrolaa, e colocase a carón do lobo. Deseguido comeza a aforcar ao lobo para sorpresa de todos. Aguantou así uns intres, ata que o lobo caeu redondo, estaba morto. Os porcos que xa se vían noutro barrio non sabían como agradecerllo, Caperuchiña conformouse con que a acompañasen á casa da súa avoa.
2.
3. Maya Fernández González 2ºA
A venganza do lobo
Había unha vez unha nena á que todos chamaban Carapuchiña pola súa característica carapucha varmella. Carapuchiña tiña quince anos, e cando era máis pequena tivo unha gran aventura no bosque. Un lobo intentou comerse a súa avoa, e todo fora pola súa culpa. Por sorte, un cazador puido desfacerse do lobo e á súa avoa non lle pasara nada grave, pero o susto levóuno. Dende aquela, Carapuchina nunca volvera a ser igual, agora era máis coidadosa e desconfíada, e o bosque, o seu antigo lugar favorito, converteuse no escenario dos seus pesadelos.
Unha mañá de primavera, alguén petou á porta, e carapuchiña dirixiuse hacia a entrada, un pouco confusa, xa que ela non esperaba ninguna visita. Cando abriu a porta, viu a tres porquiños asustados, e Carapuchiña invitoulles a entrar. Os porquiños contáronlle o motivo do seu medo e resulta que aqueles porquiños tamén tiveranun enfrentamento co lobo uns anos atrás, antes de que o mesmo tratase de comerse a avoa de Carapuchiña. Logo contáronlle que o lobo nunca morrera e que agora viña a por eles. A Carapuchiña escureceuselle o rostro, estaba sorprendida, asustada, aterrada... agora xa comprendía o medo dos porquiños. Entre todos preparáronse para a visita do lobo, non tardaría en chegar e eles tiñan que estar listos para o que ía ocorrer. Cando remataron co plan, algún chamou á porta e de súpeto, todos calaron. Tras golpear a porta unha vez más sen ter resposta algunha, o lobo derribou a porta e entrou na casa, en busca dos seus enimigos. Despois de que o lobo recorrese toda a casa, estivo a piques de marcharse, pensando que non había ninguén na casa, pero alí foi cando Carapuchiña e os tres porquiños saltaron á acción. Un porquiño cunha corda, atou ó lobo polos pés, outro atoulle as mans, mentres carapuchiña e o porco maior atábanlle a un moble polo ventre, o lobo loitaba por desatarse, pero era inútil. Máis tarde, o porco pequeno chamou ó cazador e contoulle o sucedido, éste non tardou nen dez minutos en chegar. O cazador matou ó lobo e asegurouse ben de que realmente estaba morto.
Durante un par de semanas os porquiños quedáronse na casa de Crapuchiña fixéronse inseparables. Fixéronse tan amigos que xuntos construíron unha casa de paxa, madeira e cemento e viviron todos alí. A casa estaba no bosque, agora que se enfrentara ó lobo, Carapuchiña xa non lle tiña medo, o bosque volvía a ser o seu lugar favorito, e nunca máis volveulles a molestar o lobo, esta vez si que estaban felices, en paz.
4.Adrián Garabatos Ferro 2 ESO A
Carapuchina e os tres porquiños
Era unha maña calquera na que Pepa tiña que cruzar un largo bosque cheo de lobos malignos para ir a visitar ás súas tres avoas, que vivían nunha casa de palla, madeira e ladrillos. Ela, por sorte, nunca tivera ningún encontro con un deles.
Hasta ese domingo pola tarde.
Cando xa estaba preto ás 3 casas un animal gris escuro de catro patas, pareceulle familiar xa que tiña a forma da mascota de unha das avoas, a que vive na casa de palla.
Era como un dos lobos dos que falaban, un deses lobos malignos. Case non pudo ver como era, polo tanto seguíu camino.
Chegou pola noite sobre as nove, xa non estaban as casas das súas avoas, só estaban as aboas na cama, tiñan moi grandes os dentes, estaban moi gordas, non eranas súas avoas, eran os lobos!
Coméronse ás avoas e levaron por diante ás súas casas.
5. Nadia García García 2ºA
Caperuchiña vermella e os porquiños
Había unha vez, nunha pequena aldea, unha nena que sempre levaba unha caperuza vermella, polo que todos coñecíana como Caperuchiña Vermella
Un día, a nai de Caperuchiña mondouna ir á casa da súa avoa a levarlle algo de comida. Tamén díxolle que sempre fora polo camiño principal, pero cando chegou a un cruce de camiños, atopou un lobo. El díxolle que se ía polo outro camiño, podería coller algunhas flores para a súa avoa, mais a Caperuchiña deulle medo o lobo e saíu correndo. O lobo a perseguíu ata que chegaron a unha casa de palla, dun cerdiño. Caperuchiña entrou na casa e deseguido contoulle o sucedido ao cerdiño, polo tanto el deixouna quedar na casa mentres o lobo non marchara.
Pero o lobo non tiña intención de irse. Logo dun rato agardando, cansouse e gritoulles "Ou saides da casa ou soplarei e soplarei e casa derrivarei". Xa que non saíron, o lobo soplou e derrivou a casa. Caperuchiña e o cerdiño sairon correndo ata a casa de madeira do irmán do cerdiño. Novamente, o lobo gritou "Ou saides da casa ou soplarei e a casa derrivarei". Como, ao igual que antes, non saíron, soplou e derrivou a casa. Sairon correndo ata a casa de ladrillo do terceiro irmán cerdiño. O lobo dixo outra vez "Ou saides ou soplarei e a casa derrivarei". Mais esta vez, cando soplou, non derrivou a casa. Por máis que soplaba e soplaba, non sucedía nada. Acabou morrendo afogado e Caperuchiña puido ir a casa da súa avoa.
6. Xabier González Pavón (2º A)
Os porquiños e a avoa
Un dia tres porquiños con panos roxos na cabeza estaban camiñando no monte da guía felices roubando: patacas, uvas, tomates, cebolas, leitugas, legumes.... Toda a xente o votaban dos seus eidos e non lles deixaban comer das suas ortalizas. Tiñan tanta fame que estavan pensando noutro plan para poder alimentarse.
O día seguinte candos os tres porquiños levantáronse e decidiron facer unha para para escarbar na terra e así poder entras nos mellores eidos do monte. Fixeron a para experimentaron con ela. O experimento saiu mal porque a pala rompeuse pero reforzaron a pala e xa non rompía. Despois foron eido por eido escarbando para entrar nel. E así cara a noite acabaron cheos e a punto de estoupar por todo ese manxar.
O día seguinte fixeron o mesmo pero nun deser intentos unha señora vella e con moitas arrugas chamada aboa pillounos e foi a por eles. Os cerdiños escaparon pero como estaban tan cheos cansaronse rapido e a avoa piiudo collelos cunha corda. Despois a avoa levou os pobres porquiños a sua corte e ahí matounos e a avoa fillo un gran manxar para sua familia.
7. Hugo Linares Rey 2º A
A vinganza dos animais da granxa.
Un día nun bosque moi, moi lexano, había unha casa de madeira no medio da arboleda. Na casa vivía unha muller xove coa súa avoa que se facía chamar Carapuchiña Vermella. Chamábana así porque sempre ía cunha carapucha, fose verán ou inverno.
A muller coidaba da súa avoa que estaba coa saúde un pouco delicada, de maneira que lle cociñaba todo o que máis lle gustaba, ovos fritos, biscoito de laranxa, tortilla e sobre todo cocido. Para facer todas esas comidas a súa avoa, tiñan sorte, pois moi preto da súa casa había unha granxa. Na granxa habitaba un home moi robusto de barba branca que levaba moitos anos sen cortala nin coidala, de moi mal carácter, pero a Carapuchiña sempre lle vendía os ovos das súas galiñas e todo o necesario para facer o caldo que tanto lle gustaba a avoa.O home chamado Pedro, trataba moi mal os animais que tiña na granxa e Carapuchiña, sempre llo votaba en cara, que tiña que darlle máis de comer, que tiña que tratalos mellor, deixalos durmir no establo, pero él non lle facía caso. Sempre que ía a granxa a mercar ovos e demais, Carapuchiña levaba nunha cesta, mazás para os porcos, herba seca para as vacas, millo para as galiñas e tódolos animais aledábanse de vela chegar, pois queríanlle moito. Un día de inverno, deses días de non saír da casa porque fai moito frío, Carapuchiña e a súa avoa estaban o redor do lume da cheminea cando de súpeto...soan uns golpes na porta pedindo auxilio...era Pedro. Estaba cunha cara de medo que nunca antes se vira, non era capaz de falar, pero entrou na casa e a avoa deulle unha cunca de sopa.
Cando Pedro volveu en sí, comenzou a falar. Non dabamos crédito ao que contaba... as galiñas entraran na casa e romperan con todo, as vacas, dando coces, romperan o establo e as portas. Pero o máis espectacular e que os porcos, os tres porcos que sabían que se achegaba a época de matanza e que serían os próximo de pasar polo coitelo, comenzaron a soprar, e soprar e soprar cada vez mais forte que as paredes da casa de Pedro comenzaron a moverse e foi cando nese momento, Pedro votou a correr tanto como podía. Carapuchiña, que sempre se levou ben cos animais foi ver se todo o que Pedro contaba era verdade. Unha vez que chegou a granxa, efectivamente, parecía que un tornado pasara por alí e non había nin rastro de ningún animal. Parecía unha granxa deshabitada facía anos. Cando Carapuchiña voltou a casa, so lle dixo a Pedro...iso pasa por non coidar dos animais que tiñas!, e Pedro foise a casa dun irmá coa lección ben aprendida.
8. Xorxe Lopez Araujo
O camiño á casa da avoa
Era se uña vez Caperuchiña vermella tiña que ir a casa da súa avoa,xa que ela estaba moi enferma, Caperuchiña saíu cara a casa da súa avoa,polo percorrido pasou por un bosque polo cal tiña que decidir entre dous camiños ,un longo e outro curto.
Cando chegou ao cruce atopouse cos tres porquiños que lle dixeron a Caperuchiña que vaia polo comino curto, xa que no longo o lobo lle podería comer,nese instante escoitaron uns ruídos que procedían do camiño mais rápido, entón decidiron ir polo longo xa que podería ser o lobo, os tres porquiños decidiron acompañar a Caperuchiña ata a casa da sua avoa.
Cando chegaron a casa déronse conta de que a porta estaba aberta cando entraron viron ao lobo comerse a avoa. Velozmente saíron correndo,afortunadamente atopáronse cun cazador que lles axudou a recuperar a súa avoa.
9. Xabier Martínez Álvarez
Caperuchiña e os Porcos
Caperuchiña esta paseando polo povo cando de supeto apareceron 3 porquiños corendo como se non houbese fin, ela os parou e lles preguntou que pasaba é enton lle dixeron que un lobo os perseguia é ela lles dixo que fosen a súa casa e que podian quedar a durmiree.
Ao día seguinte caperuchiña lles preguntou detalles sobre o lobo e porque os perseguia. Resulta que o lobo tiña preso á avo dos porquiños e q tiveron que salir corredo porque sinon os mataba, caperuchiña lles preguntou onde estaba a súa avoa e que ian ir a rescatala hoxe a tarde.
10. Helena Montero López 2ºA
CAPERUCHIÑA E OS SEUS TRES AMIGOS
Caperuchiña acababa de chegar da escola, foi xunto a súa nai que estaba no xardín, e esta díxolle que fose á casa da súa avoa para darlle unha cesta con marmelada, pan, ovos, e leite. A súa nai non podía levar a cesta xa que estaba arreglando o xardín. Carapuchiña deixou as súas cousas do colexio no seu cuarto e foi á casa da súa avoa.
Polo camiño encontrouse co cazador, xunto con tres porquiños, e ao lado tres casas moi pequenas, dúas delas derrubadas por completo, a outra quedou intacta. O cazador saudou a Caperuchiña, pero cun ton preocupado. Caperuchiña devolveulle o saúdo cun sorriso, e o cazador advertiulle que andase con moito coidado, había un lobo cerca de alí, e que ese animal era o que derrubou as casas dos porcos. A Caperuchiña quitóuselle o sorriso da cara.
Caperuchiña andaba moi preocupada. Chegou a casa da súa avoa, e a porta estaba aberta, iso era moi raro. Foi directa á habitación. Entrou e quedou boquiaberta, con medo. O lobo estaba no cuarto. Caperuchiña gritou onde estaba a súa avoa, e a avoa respondeulle dicindo que corra a buscar ao cazador. Non sabía de onde viñan as voces da avoa, a casa era grande, así que Caperuchiña, mentres dirixíase a saída chilloulle que se encerrase nun cuarto e non saíra no tempo que ela fora xunto o cazador. O lobo xa olisqueara con fame a cesta.
En cuestión dun minuto, Caperuchiña chegou onde o lobo e os porcos e pediulles axuda, o cazador aceptou, pero un dos porcos díxolle que se quería axuda de parte dos tres, tería que buscarlles un sitio no que os porcos estivesen seguros, a súa casa de ladrillo era demasiado pequena. Ela aceptou. Correron e chegaron á casa. O cazador díxolles que os porcos terían que suxeitar a cesta, iso serviría como trampa, mentres que Caperuchiña e o cazador escondíanse, e logo, o cazador dispararíalle ao lobo. E así fixeron, os porcos chamaron a atención do lobo suxeitando a cesta, estaban a uns metros da porta de entrada. O lobo aproximouse a eles e o cazador disparoulle. Caperuchiña correu a buscar á súa avoa, que resultou estar encerrada no baño. Deulle unha aperta que case a deixa sen respiración, e quedaron charlando no salón cos tres porcos e co cazador durante unha hora.
Como á nai de Caperuchiña encantaríalle ter máis cerdos na súa granxa, levounos para a súa casa. E todos felices.
11. Icía Otero Méndez 2ºA
A CAPERUCHIÑA VERMELLA II
Caperuchiña estaba lendo o seu conto favorito, os tres porquiños xa que estaba esperando á hora na que tiña que ir a ver a súa avoa. Cando o rematou colleu as súas cousas marchando a correr porque xa chegaba tarde.
Xa de camiño lembrou a vez que collera outro camiño facendo que esa tarde rematara moi mal. Borrando eses recordos da súa mente seguiu camiñando. Continuou camiñando un rato máis ata que se atopou cun porco con traxe de traballo. Que estraño. Pensando un pouco máis deuse conta, era como o do conto.
Cando chegou chamou á porta como de costume, non obstante ninguén contestou. Decidiu abrir a porta para ver se polo menos estaba aberta. Abriuna e non cría o que vían os seus ollos. Dous porcos cheos de sangue estaban construíndo unha parede falsa na que había un oco no medio. Para que ? Preguntouse ela. Xirou a cabeza e obtivo a resposta , para agochar o cadáver da súa defunta avoa da que só quedaba a cabeza.
12. Eiroa Raimúndez García 2ºA
CAPERUCHIÑA E OS TRES PORQUIÑOS
Érase unha vez unha nena cunha caperucha vermella, á que chamaban Caperuchiña vermella. Vivía nunha casa no monte coa súa nai. Ao carón delas vivían tres porquiños, cos que se levavan moi ben. Eran tres, non obstante vivían nunha casa moi pequena.
Un día a nai de Caperuchiña díxolle que tería que levar unha soupa á súa avoa, xa que estaba enferma. Como había rumores de que un lobo andaba por ese bosque, maior dos porcos quixo ir con ela, do mesmo modo, o pequeno tamén quixo ir. Entón partiron rumbo á casa da avoa.
Cando xa estaban por chegar, escoitaron un grito que viña da casa da avoa, preocupados, entaron rápido a ver que lle pasaba. Ao entar, o que veron foi á avoa e ao lobo, sentados nunha mesa de té, charlando e rindo. O grito da avoa que escoitaron hai un momento foi de tanto rir, xa que o lobo estaba vestido coa roupa da avoa. A Caperuchina e aos porquiños tamén lles fixo gracia, polo tanto, pasáronse o resto da tarde rindo e tomando o té xuntos.
13.
A CARAPUCHIÑA XUNTO COAS TRES CASAS
Érase unha vez unha nena moi nova que se chamaba Carapuchiña Vermella. A súa nai deulle un recado: darlle unha cesta de comida á súa querida avoa, que estaba doente. Por iso, non era quen de erguerse da cama. Non obstante, a ruta para chegar cas da avoa era un tanto perigosa, polo tanto, a nai de Carapuchiña díxolle: “Ten moito coidado na fraga, que está chea de riscos na escuridade”. Prestando pouca atención ó que lle dixo a nai, Carapuchiña Vermella iniciou a súa viaxe.
Carapuchiña, adentrouse no bosque. Tras andar un pouco xa entre tódalas árbores cara a casa da avoa, viu unha pequerrecha casa vulgar. Esta vivenda feita de palla, parecía estar pouco traballada, feita a presa, coma sen moitas ganas. Carapuchiña entrou por curiosidade, por coñecer o seu interior. De súpeto, Carapuchiña viu ó lobo pola fiestra. O lobo quería entrar, mais Carapuchiña llelo impedía. O lobo, enfadado ó ver que Carapuchiña non lle deixaba pasar, berrou: “Pois soprarei, soprarei, a túa casa derrubarei”. Iso mesmo fixo. Dun só soprido derrubou a casa de palla. Xa que Carapuchiña non tiña refuxio onde protexerse do malvado lobo, fuxiu, correu, berrou sen parar ata atopar unha segunda casa. Esta, construída de madeira, semellaba ser un pouco máis resistente. Carapuchiña correu agocharse axiña na casa, tentando que o lobo non a vise. Mais o lobo moi, moi veloz seguiuna ata a casa. Carapuchiña pechou a porta, mais non foi abondo para parar ó temido lobo. Do mesmo modo que derrubara a casa de palla, derrubou estoutra. ”Soprarei, soprarei, a túa casa derrubarei”. Isto foi o berro do lobo cando derrubou a casa dun sopro. Inda que Carapuchiña estaba a piques de ser atacada polo lobo, tivo bastante sorte, porque nese preciso instante puido apreciar una terceira casa de ladrillo. Aquí, xa no interior, Carapuchiña puido contemplar mais a modo este fogar. Notou que fora quen fose o construtor daquela casa, fixera un traballo moi laborioso e excepcional. Estaba ben construída, era xigantesca comparada coas outras dúas. Tamén tiña ornamento, dende logo notábase que o fabricante estivo traballando duro para realizala. O lobo chegou. Berrou outra vez: “Soprarei, soprarei, a túa casa derrubarei”. Mais desta vez, a gran casa quedou intacta, sen moverse un centímetro. O lobo tentouno de novo, pero ao fin, quedou sen folgos.
Carapuchiña oíu chanzos polo teito, o que lle fixo pensar que o lobo trataría de baixar pola fumeira da casa. Polo tanto, colleu axiña un pote, encheuno de auga poñéndoo ó lume. O lobo esvarou, caeu pola cheminea acabando no pote para queimarse o cu! Con lume no rabo, co cu colorado, nunca máis volveu. Desta forma, Carapuchiña Vermella librouse do lobo, cumpriu o seu recado... colorín colorado, este conto está rematado.
Hugo Regueiro (2º A)
14.
15.
16.
17.
18.
19.
ROSA E OS PORQUIÑOS
Había unha vez unha nena que se chamaba Rosa. Sempre levaba unha capucha vermella porque a súa avoa lla regalaba no leito de morte. Un día atopou un espello apoiado nunha árbore e, como ten tanta curiosidade, tocouno e se teletransporto a outro universo.
Rosa, asustada, comezou a correr entre os arbustos e así atopou uns tres porqueiros construíndo cada un unha casa diferente. O primeiro foi palla; o segundo, de madeira e o último, de ladrillo. Os tres porqueiros mirárona ao mesmo tempo e viñeron correndo cara ela para saudala pero ela asustouse e correu cara ao bosque.
Nela, Rosa, chocou contra un lobo que intentou mordela e volveu correr cara aos porcos pedindo a súa axuda. Primeiro, escondeuse na casa de palla pero o lobo derrubouna dun golpe. Despois correron cara ao de madeira, e de novo, derrubouno con outro golpe. Finalmente, foron ao de ladrillo e esta vez o lobo non puido derrubalo e marchou. Despois diso, Rosa volveu ao cadro e volveu ao seu universo, pero non antes de prometerlle que volvería visitalos.
Iván
20. Evan Machado Cruz 2ºB
A CARAPUCHIÑA E OS TRES PORQUIÑOS Un día a nai da carapuchiña pediulle que vaiase a darlle uns recados a súa avoa, pasou pola casa dos 3 porquiños os poquiños pregúntaronlle onde ía e que ten no bolso, ela respondeu que ía á casa da súa avoa a darlle bolos e viño porque estaba moi enferma e tiña que apresurarse porque a avoa agardáballe. Os dous pequenos cerdiños dixéronlle que vaia polo bosque porque vai máis rápido,o porco maior dixo que o bosque era perigoso, porque alí o lobo sempre te pode capturar É mellor previr que curar, nos atallos non te tes que fiar vai polo camiño que rodea o bosque para que o lobo non che embosque, os outros porcos ríronse e dixeron que o lobo era un covarde que nunca atacará pero nós te acompañaremos e xa non terás medo del. O porquiño maior quedou mentres carapuchiña e os dous porquiños ían polo bosque, o lobo os veu chegar mentres estaba agochado detrás dunha árbore, o lobo atacounos sen éxito, os dous porquiños e a carapuchiña escaparon pero o lobo correu á casa da avoa, o lobo petou na porta e a avoa pensou que era carapuchiña vermella e entón deixouno entrar. Olobo saltou rapidamente á súa cama para devorala pero a avoa ergueuse da cama moi rápido e encerrouse no armario. Despois chegou a carapuchiña e o lobo púxose nervioso e saltou á cama e dixo adiante, entrou a carapuchiña e achegouse á cama e díxolle a súa avoa que tiña os ollos máis grandes, o lobo respondeulle que é para verlle mellor pero carapuchiña continuou e esta vez dixo, avoa tes o nariz máis grande, o lobo respondeulle que é para cheirarlle mellor e despois dixo avoa tes unha boca máis grande e o lobo dixo e aínda non viches a metade. Levantouse e lanzouse sobre ela sen éxito a carapuchiña quedou fuxindo del ata que chegou o porco maior con todo un arsenal de exterminadores de lobos, foi por detrás do lobo e púxolle palomitas de millo no cu, prendeulle lume e o lobo disparou polo tellado. A avoa saíu rapidamente do armario e deulle unha gran aperta a carapuchiña vermella e tamén ao porquiño por salvalas.
21.
22.
23.
24.
25.