GHASTAS PISTA → TERRA (TANXUGUEIRA)
Terra é a nova canción de Tanxugueiras. Esta é a canción que van presentar en Eurovisión. Estreouse hoxe, 21 de decembro, ás 0:00.
Houbo un erro en Spotify en Nova Zelanda: a canción filtrouse unhas horas antes da prevista, polo que varios fans puideron desfrutala antes ca outros. As redes enchéronse de críticas, maioritariamente favorables sobre a canción.
De feito, un dos seus competidores no Benidorm Fest, o rapeiro Rayden, tamén foi dos que escoitaron o adianto. Publicou en Twitter “ides flipar co tema de Tanxugueiras moito, moito”. Para cando xa foi a hora na que se estreaba a canción, moitas persoas estaban xa pendentes para escoitala canto antes.
Clica aquí para escoitala:
Antía Rodríguez Villar 3 eso c