Espantallo: " tiritar" e "tirita".

    Miguel Otero Vázquez 3º ESO C nº7

    Tremer / Tremelicar / Bracuñar e Apósito / Apósito adhesivo 
    Non digas tiritar cando tes frío ou medo. Emprega tremer ou tremelicar aínda que tamén hai outro verbo de uso culto e exclusivo do galego que é bracuñar. Por exemplo, tiña tanto frío que non paraba de tremer / tremelicar / bracuñar.
    Outra palabra que se parece aínda que non no significado e que tampouco existe en galego é tirita. En galego úsanse as palabras apósito ou apósito adhesivo. Por exemplo, pon o apósito / apósito adhesivo na ferida.