Plumas de 4º B

                                                                 Plumas 4º B

1.                              

                                                                Os micromachismos

  A palabra "micromachismo" está hoxe en boca de todos. Poderiamos dicir que son pequenos xestos sexistas ou machistas, algúns deles moi sutís, que axudan a perpetuar os roles de xénero, a violencia suavizada contra as mulleres, a hipersexualización...

  Por desgraza, chámanse micromachismos cando en realidade son actitudes totalmente machistas. Malia que os micromachismos sexan invisibles, encóntranse no día a día. Existen varios tipos de micromachismos: os de crise, os incubertos e os utilitarios.

  Por exemplo, cando se trata de lugares estereotipados masculinos, a muller faise invisible xa que o persoal sempre se dirixe ao home nas conversas, aínda que a muller sexa a propietaria do vehículo ou da conta en cuestión.

Daniel Álvarez Fernández ( 4º ESO B )

2. Micromachismos:

   Pequenos xestos, actitudes, comentarios e prexuízos que se manifestan na vida cotiá contribuíndo á desigualdade e situando ás mulleres nunha posición inferior á dos homes. Estes comportamentos clasifícanse en categorías:

   Os micromachismos coercitivos prodúcense cando os homes presionan ás mulleres para que se impoñan. Para conseguilo, pódese exercer presión psicolóxica, moral ou económica. Manifestase en comportamentos moi sutís como o home sentado na mesa esperando a que lle sirvan a comida…

   Os micromachismos encubertos son imperceptibles e permiten que o home manipule á muller para que faga o que el quere e non o que ela quere. Este tipo de machismo emocional inclúe comportamentos tóxicos como a manipulación emocional, a ruptura de confianza, a intrusión na intimidade ou o engano e a mentira.

Noa Amoedo Rodríguez (4ºB) 

3.

 Os micromachismos 


  Os micromachismos son xestos, actitudes, comentarios ou situacións que se fan na vida cotiá. Non obstante, nun principio non parecen ser machistas, xa que están normalizados, pero se nos paramos un pouco a pensalos si que o son. 


   Os micromachismos están presentes a diario na nosa vida sen darnos conta. Por exemplo,  o cambiador de bebés adoitar estar no baño das mulleres mais non no de homes, a "axuda" do home no fogar en vez da súa "colaboración", a espera da muller polo "primeiro paso" do varón.


   Existen catro tipos de micromachismos: En primeiro lugar, os utilitarios fan referencia ás tarefas domesticas. Por exemplo, cando un home di que vai a axudar á muller coas tarefas. Por outra banda, os encubertos intentan crear sentimentos de culpa e pouca valía na muller. Do mesmo modo, os coercitivos pretenden facer que a muller perda confianza en si mesma e autoridade. Por último, o de crisis fai que a muller sinta culpa por un logro. 


 

Carlota Cantos (4º ESO B) 

4.Os micromachismos

 

    Maniobras imperceptibles, estratexias de exercicio do poder do home que atentan en diversos graos contra a autonomía feminina. Accións cotiás que non semellan un maior problema cas cales os homes tratan de impor ás mulleres unha superioridade do sexo masculino.

 

   En moitas ocasións, estes micromachismos non son realmente accións planeadas coa mala intención de ser machistas, senón que son simplemente procesos automáticos no proceso de convertirse en home. Todo isto non é tan grave como a violencia de xénero, por exemplo, a cal debemos erradicar canto antes, mais iso non quita que estes comentarios e accións sexan micromachistas e, polo tanto, unha plaga que debemos exterminar. Exemplos de micromachismos son tales coma que o home non se implique nas tarefas do fogar porque “non sabe” ou quizais porque “ela o fai mellor”, deixando o peso de tódalas tarefas da casa nela cando na realidade deberían ser repartidas por igual. Os micromachismos poden chegar a ter consecuencias sobre as mulleres, un dano sordo e sostido no tempo que se vai agravando a medida que normalizamos este tipo de comportamentos. Engadido a esta terrible consecuencia, as mulleres poden comezar a sentir un estado de ánimo depresivo e irritable que xera resignación cara elas mesmas, o cal é totalmente nocivo.

 

   Unha manera de solventar estes micromachismos é recurrir a profesionais que se adiquen a detectalos e dalgún xeito, eliminalos; máis isto non quita que os homes deban traballar para desactivar esta fonte de discriminación indirecta hacia a muller.

 

                                                                                                Héctor Costa Portas (4º ESO B)

5.

6.                               

Micromachismos

   Os micromachismos son pequenos detalles ou xestos machistas que se fan hacia a muller, na actualidade , son xa tan frecuentes que xa están normalizados e moitos se están normalizando, para evitalo, temos que deixar de normalizalos e reaccionar doutro modo cando escoitamos algún.

   Un micromachismo que xa se normalizou e non se ve nada raro nesta sociedade é o das cores, por exemplo, nas revistas, a zoa de nenas, a pon en rosa ou en azul claro, e a dos nenos a poñen en negro ou vermello, é bastante común e hai que deixar de normalizalo.

  Tamén hai moitas situacións de micromachismo que chegan a ser máis molestas e máis graves, como a xente que fai chistes sobre as mulleres e só din faltas de respeto, tamén a xente que se ri diso, iso hai que frealo xa que é unha falta moi grave aínda que se este normalizando.

Rubén Domínguez Rodríguez (4º ESO B)

7.

MICROMACHISMOS

    Os micromachismos son pequenos actos, frases, ou maniobras machistas moi pequenas que casi non percibimos, non obstante, seguen estando presentes e actuando como tal, polo tanto temos que ter cabeza para deixar de facer estes pequenos xestos que empeoran a nosa sociedade.

    Algúns tipos de micromachismos poden ser :Os utilitarios, os encubertos,os de crise,ou os coercitivos, cada un con unha manifestación distinta,pero todos cun mesmo obxetivo, facernos creer que as mulleres son inferiores a os homes.

    Xa que falamos de micromachismos, podemos pór algunhas situacións ou frases que sexan micromachismos, como por exemplo,a palabra "Nenaza" ou do mesmo modo "Choras como unha nena", son cousas que discriminan as mulleres, ou din delas que por ser mulleres, teñen menos forza fisica,ou choran maís cun home.

Rodrigo Esparís Álvarez (4º ESO B)


8.

9.                                                         A transición enerxética


  A transición enerxética pode definirse coma un cambio nos sistemas enerxéticos actuais, e dicir, os combustibles fósiles, a favor dun baseado en enerxías renovables. Os combustibles coma o petróleo ou o carbón esgotaranse, xa que, están formadas a partir de material orgánico, o cal tarda millóns de anos en formarse.

  Do mesmo modo, o cambio climático, está provocado por as emisións contaminantes destas mesmas fontes de enerxía non renovables. Polo tanto, o obxectivo que se ten coa transición enerxética é reducir as emisións nocivas, promovendo métodos de obtención de electricidade alternativos.

  Non obstante, esta é unha tarefa difícil. A sociedade consumista actual esta acostumada ao emprego dos combustibles contaminantes, xa que é moito máis barato que inverter nas enerxías alternativas. A solución para este gran problema medio ambiental sería a implicación dos distintos gobernos, proporcionando axudas ou promovendo as vantaxes das fontes renovables.

Olaya Fernández Fernández 4ºESO-B


10.


11.

Transición Enerxética

    A transición enerxética trátase de abandonar as formas convencionais de producir enerxía e implantar novas formas de xeración procedentes de fontes renovables. Tamén implica concienciar sobre o uso responsable e sostible da mesma e establecer pautas de eficiencia enerxética.

    Este punto de inflexión pode cambiar as estruturas de poder das rexións e dos estados. A transición enerxética implica na súa execución promesas de independencia e seguridade enerxética a nivel de país. Incluso pode empoderar ás comunidades e aos distintos sectores da sociedade.

    As principais fontes de enerxía son: a enerxía solar, eólica, hidráulica, mareomotriz e biomasa. Pola contra, as non renovables existen en cantidade limitada na natureza. A demanda mundial de enerxía actualmente satisfácese nun 94% con este tipo de combustibles: carbón, petróleo, gas natural e uranio.


Noé González García (4º ESO B)





12.                                                            A Transición enerxética 

   A transición enerxética é o proceso principal de defensa que temos contra o cambio climático a nivel global. Este proceso baséase en cambiar o sistema actual de obtención de enerxía a partir de combustibles fósiles, xa que producen grandes emisións de carbono que afectan, día a día, ó medio ambiente.

   O quecemento global afecta principalmente ó desenvolvemento sostible do planeta. A medida que a temperatura sobe, aféctanos con maior continuidade.  Como consecuencia, pode chegar a provocar grandes  fenómenos naturais furancáns, incendios, inundacions... Polo tanto, o quecemento global afectaría ó desenvolvemento da civilización e á prosperidade económica.

   A causa de todo isto podemos dicir que a enerxía renovable é unha parte esencial da solución para mitigar o cambio climático. A redución da contaminación, a eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental convértense en obxectivos fundamentais para a nosa sociedade. 


Meseret Pahino Álvarez (4º ESO B)

13.                                   Transición enerxética

  O calentamento global produce moitos cambios climáticos coma huracáns ou incendios. Por isto, en decembro de 2015, a raíz da COP21 de París, firmouse un acordo internacional que establecía o obxetivo de manter, antes de finais deste século, o calentamento global por debaixo de 2 grados respecto aos niveis preindustriais e, de ser posible, limitalo a 1,5 graos

   Para alcanzar este obxetivo, a ferramenta principal é a transición enerxética, ou sexa, cambiar dun sistema enerxético radicado nos combustibles fósiles a un de baixas emisións ou sen emisións de carbono, basado nas fontes renovables.

  O que caracteriza esta transición é a necesidade de protexer o planeta da peor ameaza que tiveramos que afrontar ata a data e ter que facerlo o máis rápidamente posible. Con todo iso  beneficianse non soamente o clima, se non tamén a economía e a sociedade. 

Claudia Laredo Montenegro ( 4 ESO B)

14.

15.     A identidade de xénero

  Parte da poboación identifícase como cisxénero, é dicir, síntense conformes co xénero co que naceron. Do mesmo modo, hai persoas que non están conformes co seu xénero asignado o nacer, aos cales lles chamámos trans.

    

    As persoas trans poden identificarse como transxénero ou transexuais. Por unha banda, os transexuais obtan por  cambiar o seu corpo mediante ciruxías e procesos de hormonación, xa que lles produce unha severa disformia corporal. Pola contra, os transxénero non recurren a estes procesos.


    Non obstante, outras persoas non se sinten identificadas con ningún dos xéneros ou sintése identificadas  cos dous, as persoas en cuestión pertencen o xénero binario. Tamén dase o caso da poboación identificada como xénero fluído, polo tanto estas persoas van fluíndo de xénero dependendo da súa  comodidade.


Sonia Pereira Rodríguez (4º ESO B)

16.

E ti, cal é a túa identidade?

    Existen varios tipos de identidades sexuais, pero hoxe imos falar de: cisxénero, transexual e non binario.

    Unha persona cis, ou cisxénero, é aquela que nace co sexo biolóxico co que se identifica. É dicir, se naces co sexo biolóxico feminino (aparello reprodutor), identifícaste con ese mesmo sexo.

    Non obstante, unha persona trans (transxénero) identificase co sexo biolóxico contrario do que nace. Do mesmo modo, as personas transxénero que desexan realizar intervencións médicas para obter o sexo co que se identifican, denomínanse transexuais.

    Por último, as persoas denominadas non binarias identifícanse con este nome cando a súa identidade sexual non é nin masculina nin feminina. Estas persoas poden identificarse con dous, tres xéneros... Ou ser "axénero", que non se identifica con ningún.

Claudia Pérez de Lis Redondo 4º ESO-B


17.

18.

Identidade de xénero

    A identidade de xénero refírese a unha cuestión social e da nosa propia percepción, a diferenza do sexo biolóxico (masculino ou feminino) que se dá no noso nacemento. A xente normalmente confunde estes dous conceptos, así que non comprenden ben todo o relacionado con eles. Por exemplo o significado de: cisxénero, transexual e xénero non binario.

    Cisxénero é o nome que se lle da ás persoas no que o xénero co que se identifican é o mesmo co seu sexo. Este é o grupo maioritario na sociedade e antigamente era o único recoñecido xa que só se tiña en conta se eras home ou muller por natureza, non como te sentías.

    As persoas Transxénero son as que se identifícan coma o xénero contrario o que se lles asigna por nacemento (se é masculino feminino e viceversa). Se deciden que queren facerse unha operación para cambiar de sexo (aínda que esto non ocorre en todos os casos), pasan a designarse coma Transexuais.

    O xénero non binario abarca ás persoas cuxo xénero non coincide con ningún dos dous sexos biolóxicos. Poden identificarse: con outro (xénero disidente), con ningún (axénero), con varios xéneros á vez (panxénero) ou cambiando entre eles (xénero fluido). Non debe confundirse co término "queer" que se refire á identidade de xénero que vai máis alá das LGBTIQ+

Iván Súarez Barro 4 ESO B

19.  Identidade de Xénero 

    A palabra cis úsase para designar as persoas que séntense cómodas co xénero que lles foi                asignado. Estas persoas compoñen a gran maioría da poboación.

    As persoas trans, ao contrario das persoas cis, non están conformes co seu corpo. Podemos dividir as persoas trans en dúas categorías: transxénero e transexual. A diferenza reside en que as persoas transexuais axúdanse de medicamentos hormonais ou ciruxía para que o seu corpo coincida coa súa identidade.

    Por último, temos as persoas non binarias. Este grupo de persoas non se identifican coa clasificación binaria de home e muller. Os non binarios poden identificarse cos dous xéneros á vez, con ningún xénero, cun xénero intermedio ou poden cambiar en calquera momento entre home e muller. Estes últimos teñen "xénero fluido".

                                                                                        Roi Varela Férnandez (4º ESO B)

20.

21.

22.


25.