Ghastas Pista: Tanxugueiras: Pano Corado

     As Tanxugueiras veñen de sacar o seu novo tema "Pano Corado" que formará parte do seu terceiro disco.

    Esta canción nace como unha reivindicación da liberdade e da celebración da diversidade sexual e de xénero, un tema moi presente na actualidade. As pandereteiras volven incluír nas súas composicións elementos tradicionais galegos, neste caso o pano, que é unha das pezas centrais do traxe tradicional, mais agora é de múltiples cores. 

    Aquí déixovos o videoclip: