Plumas de 4º C
Plumas 4ºC
1.
2.
A VIOLENCIA VICARIA
A violencia vicaria é un tipo de violencia de xénero que consiste en facer dano a unha muller a través de terceiros como poden ser os fillos,mascotas etc… Por desgraza, a violencia de xénero é un problema social que continúa necesitando medidas para que os números paren de subir. A miúdo, os nenos e nenas son danados co propósito de facer dano a outra persoa. A violencia vicaria é das máis perigosas. Hai pouco saíu o caso dunha muller que, despois de ser toda a súa vida maltratada polo seu ex marido, viu como envelenaba psicoloxicamente á súa filla. Esta muller, cansa da situación, decidiu volver denunciar a este home, a pesar de todas as denuncias e ordes de afastamento previas.
3.
A violencia vicaria
A violencia vicaria foi un termo acuñado pola psicolga Sonia Vaccaro para definir unha situación do ámbito familiar onde un proxenitor maltrata ou lesiona os seus fillos para facerlle dano o outro proxenitor. Nestes casos os menores de idade son convertidos por un dos país aos, e esta situación e particularmente noxenta.
Este tipo de maltrato provoca grandes feridas non so nos maiores senón tomen nos menores, facendo que un lugar seguro como o fogar se converta nun verdadeiro inferno.As consecuencias físicas e psicolóxicas son tan terribles que en moitos casos non chegan a sanar nunca.
En España desgraciadamente fomos testigos da forma máxima da violencia vicaria, onde país chegaron a matar os seus fillos soamente para facer sufrir a outra persoa.
4.
A VIOLENCIA VICARIA
A violencia vicaria é un tipo de violencia de xénero que consiste no maltrato dun terceiro individuo para ferir a unha muller, non obstante, tamén pode ser a muller quen o faga para ferir ao home.
Nesta violencia, esquécese o amor polos seus fillos é tan só centrase en maltratar á parealla ou ex-parella. Non obstante, os nenos tamén sofren un daño irreparable, nalgúns casos a morte incluso.
A violencia vicaria conta con un cómplice, este é unha sociedade que xulga permanentemente e, polo tanto, ninguén tomará importancia do asunto. A sociedade Española foi xulgada por neglixencia xa que, fai un tempo, unha muller presentou 30 denuncias contra o pai da sua fila, temendo polo vida desta, pero ninguén fixo caso, e a nena morreu a mans do seu pai. E a pesar disto, ainda hai casos coma este a montóns.
Iosune Álvaro Tizón (4 ESO C)
5. A VIOLENCIA VICARIA
A violencia de xénero é un problema social que continua necesitando medidas adecuadas para combatilo, e que debería preocupar pola súa gravedade e aumento. Especialmente as nenas e nenos son os que saen máis danados desta situación, e so có propósito de lastimar a un dos séus proxenitores. Eles son utilizados e sofren o que se coñece como violencia vicaria.
Os tipos de violencia vicaria poden manifestarse de varias formas, desde abusos sexuais, a privación de necesidades básicas, que o menor presence as agresións, que o dana fisicamente como psicoloxicamente e incluso a morte.
Un caso moi coñecido de violencia vicaria é o caso das irmás Anna e Olivia. Foron secuestradas polo seu pai en tenerife, os pais de Anna e Olivia xa estaban divorciados nese entonces. O día 27 de Abril o pai das nenas tiña que devolvelas a súa nai as nove da noite, como habían acordado, pero isto nunca se cumpriu.
Iria Arias Videira (4C)
6.
VIOLENCIA VICARÍA
A RAG define a violencia como unha maneira de actuar na que se fai uso da forza física ou da intimidación moral contra algo ou alguén. Dentro dos termos de violencia, encontramos a violencia vicaria, que é aquela que ten como obxectivo danar a un proxenitor a través dos seus seres queridos, especialmente ás súas fillas ou filllos. A violencia pode ser psicológica ou física e pode afectar tanto ao pai como á nai. Polo tanto, este tipo de violencia é a expresión máis cruel da violencia de xénero, que é conocida por o maltrato que exerce un sexo hacia o outro.
A violencia vicaria é unha violencia interposta, pois supón utilizar a outro para facer dano a un terceiro. A persoa ataca a outra co obxectico de causar dor a outro individuo. A persoa atacada normalmente é un fillo da vítima, aínda que pode ser calquera outro ser querido. En Galicia, o pasado 13 de xullo esta violencia pasou a categoría de violencia machista, xa que ampliaron a súa definición engadindo a manipulación, a violencia verbal ou o acoso através de persoas próximas a vítima. Considérase violencia vicaria, tanto se o agresor é un cónxuxe, excónxuxe, o outra persoa con quen manteña ou mantivera unha relación análoga de afectividade.
Dende 2013, 41 menores foron asasinados en mans de persoas que tiñan a obriga de coidalos e querelos. O caso máis recente que copou a atención dos medios de comunicación é o asasinato de dous nenas nas máns do seu pai en Canarias. De feito, o último caso rexistrado é dun neno de dous anos asasinado polo seu pai para vingarse da súa ex-parella xa que atopábase en trámites de divorcio.
Ainara Asensi Muñoz (4C)
7.
Violencia Vicaria
A violencia vicaria é aquela que ten como obxectivo danar á muller através dos seus seres queridos e especialmente dos seus fillos . Do mesmo modo usar os menores contra a nai é unha das formas de violencia que adopta este tipo de violencia . Non obstante tamén hai casos de nais que exercen este tipo de violencia aínda que sexan moi mínimas.
Polo tanto isto debe ser considerado violencia machista . É grazas a nova lei aprovada arredor do 20 de xullo desde ano que todos os casos rexistrados comezarán a investigarse máis a fondo .
Cristian Domingues García ( 4 Eso C )
8.
A violencia vicaria é un tipo de violencia de xénero. Neste caso, cando se dan casos de malos tratos, violencia familiar, prodúcense unha serie de problemas físicos e/ou psicolóxicos na persoa agredida, sexa home ou muller. ... Isto coñécese como violencia vicaria
Na miña opinión a violencia vicaria eh unha salvaxada que non teñe ningunha explicación,que so busca o maltrato para o conplacemento propio é sentirse supeior tanto o home coma a muller aunque suele ser máis habitual nos homes.
9.
10.
CUMIO MUNDIAL DO CLIMA
Na cidade de escocesa de Glasgow, dende o 31 de outubro, vai ter lugar a COP26. É unha organización anual que fan os países para debatir sobre como mellorar o cambio climático.
A convención creouse en 1992. En primeiro lugar, establecía que os gases de efecto invernadoiro que emite o ser humano na súa actividade cotiá están contribuíndo ao cambio climático.
Para rematar, nas COP, participan os delegados e ministros dos case 200 países no mundo. Cada país fixa a súa propia meta. Polo tanto, deben revisala periódicamente.
Noa García Pérez-Pedrero 4ESOºC
11. CUMIO MUNDIAL DO CLIMA
O cambio climático é unha das mairoes preocupacions mundiais. Polo tanto, en 1992, a ONU creu o cumio mundial do clima. Estas son reunións onde representantes de distintos países intentan chegar a acordos para por medidas contra este problema e para a estabilización dos gases de efecto invernadoiro.
Fai pouco, entre os días 31 de outubro e 12 de novembro, fixose a 26a conferencia sobre o quecemento global. Esta tivo lugar en Glasgow, (Escocia). A partir de agora temos que involucrarnos máis que nunca nisto para frenalo, non obstante, pode ser demasiado tarde é non habera volta atrás.
Algúns dos obxetivos da COP26 son: manter o incremento da temperatura por debaixo de 2 grados centígrados, darlle diñeiro aos paises en desenvolvemento para axudalos a adaptarse ao cambio climático, e por último, reducir o uso do carbón xa que é unha das principais fontes do quecemento global.
12.
CUMIO MUNDIAL DO CLIMA Hoxe en día un dos problemas máis importantes do mundo é o cambio climático. Polo tanto no ano 1992 creouse una conferencia na cal as Nacións unidas tomaban decisións para frear a emerxencia climática, esta é chamada COP. A xente que pertence a COP comprometéronse a manter o incremento da temperatura media por debaixo dos 2º. Iberdrola animouse na participación da COP26 polo tanto este fai reunións e actividades cun enfoque de desenvolvemento sostíbel e cunha defensa ó medio ambiente. Non obstante tamén fai falta o impulso da xente para mellorar. A loita contra o cambio climático aumenta e o obxectivo é que en 2050 haxa unha neutralidade global en carbono e una reducción nas emisións de CO2.
Olivia Navia Rodríguez (4ºC)
13.
CUMIO MUNDIAL DO CLIMA
Como xa sabemos estase a producir un importante cambio climático no mundo. De feito, as Nacións Unidas fan unha conferencia ó ano xa que precisan ter un seguimento dos países e inculcar as normas necesarias para reducir estes gases de efecto invernadoiro.
Este ano realizouse a 26ª conferencia, chamada COP 26, en Glasgow (Escocia), sobre o quecemento global. Tivo lugar entre o 31 de outubro e o 12 de novembro. Houbo moitas críticas para líderes políticos pola cantidade de carbono no seu país, por exemplo, Boris Johnson. Do mesmo modo, tamén houbo protestas por parte da cidadanía.
O principal obxectivo despois de acadar o cumio é limitar o incremento da temperatura prevista para poucos anos: 1,5ºC, polo tanto, diminuír os vehículos que empregan combustibles fósiles e comprometerse a protexer e restaurar a natureza, entre outros.
Naiara Otero (4ºC)
14.
CUMIO MUNDIAL DO CLIMA
Actualmente un dos problemas a escala mundial máis preocupantes para a nosa sociedade globalizada, é a alarmante crise climática que está a vivir. Polo tanto, a ONU (Organización de Nacións Unidas) realiza unha conferencia internacional co obxectivo de tratar de facer fronte conxuntamente a esta cuestión.
Hai pouco, entre o 31 de outubro e o 12 de novembro, en Glasgow; a 26ª conferencia sobre o cambio climático tivo lugar. Nela, miles de delegados gobernamentais e prestixiosos representantes de diferentes sectores reuníronse para favorecer unha maior implicación por parte dos diferentes líderes nacionais. Do mesmo modo, especialmente os mandatarios cuxos países posúen políticas máis prexudiciais para o medio ambiente son convocados para o dialógo que decidirá o futuro do planeta. Non obstante, certos intereses propios sempre intefiren no ben xeral; evitando que algúns diplomáticos ou políticos non se comprometan o suficiente coa meta proposta e necesaria.
Unha vez acadado este cumio climático, os esforzos por salvagardar ao noso planeta deberán ser superiores a tódolos anteriores xa que a situación o require. O que se traduce nun presunto incremento de temperatura cara aos 1,5ºC, a consecuente substitución dos combustíbeis fósiles polos renovábeis, a protección gobernamental da natureza, o apoio cara pequenos produtores agrícolas e demais medidas imprescindíbeis para combater esta crise climática.
Daniel Regueiro (4ºC)
15.
ORIENTACIÓN SEXUAL
A orientación sexual é definida como un patrón de atracción sexual, amorosa ou erótica hacia un grupo de persoas definidas polo seu xénero ou sexo. As orientacións sexuais són independentes a identidade de xénero de cada invididuo polo tanto non define a quenes nos sentimos atraídos.
Existen moitos tipos de orientacións sexuais, pero as principais són: A heterosexualidade fai referencia as persoas atraídas ao sexo oposto. Por outra banda, a homosexualidade refírese as persoas atraídas polo sexo ao que pertencen. Do mesmo xeito, existe a bisexualidade, onde as persoas gústanlle os dous sexos. pansexualidade onde as persoas non se sinten atraidas afectivamente nin eroticamente a outras persoas e no obstante, a asexualidade refírese as persoas que non sinten atracción sexual.
A orientación sexual é un tema de debate actual que remóntase fai anos coa creación do grupo LGTB+, que recolle nun mesmo grupo todos os tipos de orientacións sexuais existentes.
Xela Sánchez Pérez 4C
16.
Orientación Sexual
A orientación sexual é a capacidade de sentir atracción emocional, afectiva , romántica ou sexual cara persoas de distintos ou mesmos xéneros. Hoxe en día hay moitas orientacións que están moi invisibilizadas xa que non se dan a coñecer, polo tanto deberiamos comenzar a visualizalas cada vez máis.
Existen moitos tipos de orientacións sexuais, as máis coñecidas son, a bisexualidade que consiste en sentir atracción tanto polo xénero feminino como o xénero masculino. Tamén esta a heterosexualide que consite en sentir atracción polo xénero oposto o teu, e por último a homosexulidade que consiste en sentir atracción polo mesmo xénero co teu.
María Seijas García (4º C)
17.
A ORIENTACIÓN SEXUAL
Hai varios tipos dentro do colectivo chamado LGTBIQ+, iniciais de varios tipos de orientación. Este colectivo a parte de recoller todas as orientacións sexuais oxe en día existentes, axuda ás persoas con dificultades para ``saír do armario´´, ou simplemente o feito de que o resto da sociedade non os acepte do todo. Os tipos son: Homosexual, e dicir, que gústanche, ou atraente as persoas do teu mesmo sexo, (do mesmo modo pódese chamalo tamén ser gay, no caso dos homes, ou, pola outra banda, ser lesbiana, co sexo contrario.) As persoas que se consideran heterosexuais, e dicir, que sentes atracción por persoas de diferente sexo ó teu. Unha persoa asexual non desexa contacto visual nin atracción sexual por ningún sexo ou persoa. A pansexualidade é a atracción cara a outras persoas independentemente do seu sexo ou identidade de xénero. Non existe un consenso na súa definición, xa que cada persoa defínea segundo a súa propia subxectividade.
En resumo, a orientación sexual conta cun colectivo chamado LGTBIQ+, no que defenden a libertade de expresión dos sentimentos e informa de como está o tema entre a sociedade realmente.
(María Sio 4º C)
18.
A orientación sexual é a capacidade de sentir atracción sexual ou romántica ás outras persoas. Non sabemos ben porque ás orientacións sexuais e románticas existen. Non obstante, algúns estudos din que pode ser causada por factores biolóxicos antes do nacemento.Orientación Sexual
Existe o coletivo LGTB+, un termo que engloba ás diferentes orientacións sexuais. Como por exemplo, a asexualidade, a cal básase na ausencia do desexo sexual ou romántico cara outras persoas. Logo, por unha banda, temos a heterosexualidade, a cal é a preferencia ó sexo contrario, e doutra, a homosexualidade, a atracción ó mesmo sexo. Finalmente, temos a bisexualidade, non debe ser confundida coa pansexualidade, xa que esta é a atracción ó mesmo sexo tanto como ó oposto. Pola contra, a pansexualidade caracterízase pola afección romántica e sexual cara outras persoas independentemente do seu sexo ou xénero.
Unha sociedade tan ampla coma nosa dá lugar a unha extensa diversidade sexual e distintas formas de expresalas. Por eso, cómpre ser unha persoa tolerante e respetuosa, para así, poder comprender a outros a pesar das diferenzas, as cales non nos deben dividir.
Melisa Trigueros (4ºC)
19.
20.
21.
22.