Píxeles Galaicos: "A vida entre redes"

     

A vida entre redes



    Esta medianeira atópase na rúa Conde de Torrecedeira 23. Nesta obra o seu autor José Miguel Sagüillo tenta representar as costumes mariñeiras propias da nosa cidade, asi como, o afán pola pesca e o mar. Para iso, o artista optou por pintar uns tradicionais barcos pesqueiros, cos seus propios remos e cordas vistos dende arriba e rodeados a súa vez por boias de diferentes cores que resaltan na cor azul do fondo que representa o mar. 
Uxía Barciela Nogueira 4ºA.