Plumas de 4º A
Plumas 4ºA
1.
2. CIBERACOSO OU CIBERBULLYING
O ciberacoso ou ciberbullying é un tipo de maltrato realizado por parte dun menor cara outro menor empregando como vía de comunicación as tecnoloxías. Pode realizarse dende un videoxogo ata calquera rede social. Pode durar as 24 h do día, xa que é posible acceder a internet en calquera momento. Este feito prexudica ás vítimas.
Que debes facer? Denuncia a situación acudindo ao profesorado, adultos responsables ou familiares. Se observas un caso de ciberacoso, deberías intervir acudindo a un titor ou coñecendo o protocolo de actuación por se algunha persoa cercana a ti sofre ciberacoso.
Como evito algunhas posibles situacións de ciberacoso? En primeiro lugar, non difundas imaxes comprometidas túas ou de calquera outra persoa. Do mesmo modo, non envíes fotos doutras persoas a grupos para facer burlas deles. Tampouco debes de apoiar actos que supoñan ciberacoso, como por exemplo, enviar mensaxes insultando a unha persoa, difundir imaxes súas ou crear un perfil falso.
Adriana Alonso Álvarez (4A)
3.
4.
O ACOSO E CIBERACOSO
O acoso escolar prodúcese cando un neno ou adolescente é agredido física e psicoloxicamente por un alumno ou grupo de alumnos. Este feito é cada vez máis frecuente nas escolas, e as diferentes expresións que ten son: agresións, intimidación, illamento, ameazas, insultos, burlas e actitudes semellantes.
Isto acontece por diferentes motivos, problemas no fogar, pais violentos, pero sobre todo pola sociedade violenta, xa que hai violencia dende o momento que alguén actúa e dana a outra persoa. Non obstante, estes non son os únicos motivos, outra das cousas que contribúe a que se desencadee o acoso é a ausencia de valores ou a falta de comunicación familiar.
Do mesmo modo, o ciberacoso é o acoso ou intimidación por medio das tecnoloxías dixitais. Pode ocorrer nas redes sociais, nas plataformas de mensaxería, nas plataformas de xogos e nos teléfonos móbiles. Polo tanto, é un comportamento que se repite e busca atemorizar, enfadar ou humillar a outras persoas. Algúns exemplos serian: difundir trolas ou publicar fotos vergoñentas de alguén, enviar mensaxes ferintes ou ameazas, facerse pasar por outras persoas etc…
Uxía Barciela Nogueira (4ºA)
5.
6. O ACOSO ESCOLAR E O CIBERACOSO
Cando un neno é sometido baixo unha circunstancia na que se atenta en contra da súa autoestima, é agredido física e mentalmente por outro menor ou menores dentro do seu centro escolar. A esta situación se lle chama acoso escolar ou bullying. O número de casos ha aumentado debido ás facilidades das novas tecnoloxías, como redes sociais ou redes de xogos en liña. Polo que, do mesmo modo, pódese realizar acoso, por medio de ameazas, insultos ou difundir fotos da víctima. Denominándose así, ciberacoso.
7.
O ACOSO E CIBERACOSO
O acoso é un comportamento agresivo e non desexado entre os nenos en idade escolar que implica un desequilibrio de poder real. O compotamento repítese ou tende a repetirse co paso do tempo. Tanto os nenos que son intimidados como os que acosan poden ter problemas graves e duradeiros.
En xeral, as causas ou factores que provocan o acoso escolar nos centros educativos adoitan ser persoais, familiares e escolares. Hai momentos nos que o acosador se ve superior, ben porque conta co apoio doutros agresores, ou ben porque o acosado é alguén con moi pouca capacidade de resposta aos ataques.
O ciberacoso é o acoso que ten lugar en dispositivos dixitais. O ciberacoso pode producirse a través de mensaxes de texto ou a través de Internet en redes sociais, foros ou xogos onde a xente pode ver, participar ou compartir contido. Inclúe enviar, publicar ou compartir contido negativo, prexudicial, falso ou cruel sobre outra persoa.
Mateo Fernández Carroso (4º A)
8.
O ACOSO E CIBERACOSO
O acoso escolar é calquera forma de agresión psicolóxica, verbal ou física que se produce entre os alumnos ó longo dun tempo puidendo ser tanto na aula, como nas redes sociais, que é coñecido como ciberacoso. Do mesmo modo, os lugares máis comúns donde ocorre o ciberacoso son en Facebook, Instagram, foros en Internet ou en comunidades de xogos en liña.
Algúns dos exemplos máis comúns de ciberacoso son o hostigamento, que é o repetimento de mensaxes insultantes ou degradantes, o acoso sexual, o cal tamén ten lugar mediante as redes, ou o troleo, que consiste en publicar mensaxes provocativos, ofensivos ou fora de lugar co fin de molestar a alguén. Non obsante, o troleo non é tan común de atopar como os outros dóus tipos.
Os métodos máis sencillos para evitar tanto o acoso escolar, como o ciberacoso é denunciar e apoiar o neno. Tes que notificar a escola de que algo está sucedendo entre dous rapaces ou, no caso do ciberacoso, porte en contacto co servizo de axuda da aplicación correspondente. Isto é necesario xa que o neno afectado normalmente non é capaz de facelo por él mesmo. Cando este tipo de situacións ocorran o mellor que podes facer é falar coa persona e tratar de entendela para desa maneira axudala.
David Ferreiro Santamaria (4ºA)
9.
APAGÓN ELÉCTRICO
O apagón eléctrico é un tema que está ameazando a Europa desde estes ultimos meses. Desde o goberno de Austria fixo un comunicado no que advertía dunha posible carencia enérxetica que podría probocar un gran apagón, a poboación europea entrou en pánico.
A razón principal deste apagón débese a crisis provocada pola pandemia do coronavirus, que provocou unha falta de enerxía e infraestructuras. Tamén, Europa está amiazada, debido ós conflitos políticos entre Marrocos e Alxeria ( país que lle esporta gas natural a España), que provocaron o cierre do gaseoduto Magreb-Europa, non obstante Algeria garantizou suministrar a España enerxía aunque ese gaseoduto peche.
Aínda que o veamos como algo imposible, hai que estar preparados para este apagón xa que pode ocorrer en calquer momento. Tamén, hai que comezar a aforrar enerxía e buscar novas fontes, xa que nalgún momento as que usamos ahora se esgotarán.
Pablo Guzmán Ferrero (4ºA)
10.
APAGÓN ELÉCTRICO
Un apagón eléctrico é a pérdida do suministro de enerxía eléctrica nunha zona. Nestes últimos días, está tendo lugar unha gran repercusión do comunicado emitido polo Ministerio de Defensa austriaco. Nel advértese sobre a posibilidade de ter un apagón eléctrico mundial ao longo deste ano, e case seguro nos próximos cinco anos. Este dato causou pánico na humanidade.
Son varias as causas que poden producir este suceso. Tras a crise da pandemia polo coronavirus, infórmase que o apagón masivo débese a unha falta xeneralizada de enerxía; de infraestructuras, que son necesarias para a interconexión entre a produción de enerxía e o consumo dela; e a ausencia de suministro eléctrico, que é o conxunto de medios utilizados para a xeración, o transporte e a distribución da enerxía.
Para estar preparados ante este gran apagón, cómpre aforrar enerxía; empregar outras fontes de enerxía alternativas, xa que é conveñente por se algunha fallase; manter os alimentos, é necesario ter alimentos dunha larga duración, xa que poden caducar; poseer artículos de primeira necesidade, como poden ser mantas, prendas de abrigo que nos manteñan quentes, tamén candeas, mais sen empregalas durante moito tempo para prever lume; e tamén produtos de limpeza como xel, pasta de dentes, deterxente...
Lucía Lago Riveiro (4ºA)
11.
12.
APAGÓN ELÉCTRICO
Debido á subida do coste da luz en todo o mundo, o goberno austriaco alertou de que se pode producir un apagón eléctrico a nivel mundial. De acordo cos expertos, este fenómeno podería tratarse dun atentado terrorista, de ataques cibernéticos ou dunha sobrecarga do sistema causada pola alta demanda deste recurso.
No caso de que isto ocurra, é recomendable mercar produtos de primeira necesidade, como por exemplo: auga potable, alimentos enlatados, botiquíns, roupa de abrigo e artículos de hixiene entre outras cousas. Do mesmo modo, aconséllase comprar: velas, chisqueiros ou mistos, baterías e pilas, cociñas de gas, cordas e cinta adhesiva, etc.
Finalmente, Teresa Ribera, ministra de transición ecolóxica, asegurou que o apagón eléctrico non vai afectar a España xa que o suministro eléctrico e de gas están garantizados para a poboación. Tamén, a Rede Eléctrica de España declarou que non hai nada que faga pensar que esta situación se produza en Europa.
Laura Muñoz Longa (4ºA)
13.
14.
APAGÓN ELÉCTRICO
Pronostícase que teremos un apagón que deixará a gran parte do mundo sen electricidade durante varios días. A constante subida do prezo da luz nos últimos meses deu a pensar que o mundo está preto de exceder os seus límites enerxéticos. Austria, onde se está a traballar por se este apagón se producise, puxo en alerta ó resto de países, Para defenderse dos apagóns, todos os países teñen sistemas de reserva e excedentes de enerxía que cobren o problema.
Considérase que o apagón podería chegar por cortes nas subministracións
polo aumento dos prezos de produtos esenciais. Non obstante, en España, non hai
tanto problema, xa que funciona “case como unha illa”. Cunha xeración eléctrica
que duplica a demanda, as interconexións con outros países europeos son
practicamente inexistentes. Do mesmo modo, o gran apagón en inverno resultaría moi complicado e sería clave saber quentarse sen consumo eléctrico; polo tanto a
auga corrente virase afectada ao non existir a suficiente presión para subir
polas tubaxes.
Nos últimos días, elaboráronse diferentes kits de supervivencia para poder sobrelevar eses días nos que a subministración eléctrica se estea a
reparar. Os produtos que se recomendan ter na casa son: lanternas, moita auga,
unha radio con pilas, velas e mistos, medicamentos e produtos para bebés,
anciáns e persoas discapacitadas, alimentos non perecedeiros para dúas semanas,
roupa de abrigo ou mantas térmicas, diñeiro en efectivo e combustible.
Sandra Otero Lorenzo (4ºA)
15.
LINGUAXE INCLUSIVA
A linguaxe inclusiva é unha forma ou maneira de expresarse tanto na fala como na escrita, que intenta non facer ningún tipo de discriminación nun sexo, nun xénero social ou identidade de xénero. En xeral, sen intentar discriminar ou facer dano nos conceptos nomeados anteriormente. Nesta linguaxe inclusiva, tanto na fala como na escrita, lévase a cabo un proceso que consíste en cambiar por un " e " ou " x " a letra que sinala se a palabra é masculina ou feminina. Polo tanto, so ocorre nas palabras variables como, por exemplo :
Estiveron todos na festa / Estiveron todxs na festa.
Xián Pérez (4ºA)
16.
LINGUAXE INCLUSIVA
A linguaxe inclusiva é unha forma de expresarse sen discriminar ningún xénero binario ou non binario. Esta forma de fala estase a facer popular dende os últimos anos do mesmo modo que a variedade de xéneros.
A linguaxe inclusiva levase a cabo sustituíndo nas palabras variables o /a/ ou o /o/ por un /e/ ou /x/ por exemplo:
Bos días a todos-) Bos días a todes ou Ola nenas-) Ola nenxs
Carla Pérez Pérez (4º A)
17.
18. LINGUAXE INCLUSIVA
A linguaxe inclusiva,en canto ao xénero,linguaxe inclusive ou linguaxe non sexista refírese á creación e uso de términos que visibilicen aos grupos demográficos coa identdidade de xénero e orientación sexual diferente.
Polo tanto os países que usan este método son Chile,Perú ,Venezuela ,de mesmo modo Arxentina.
A RAE expresou o seu rechazo ante o uso de palabras aceptadas na linguaxe inclusiva ou non sexista
Iker Rodríguez Iglesias (4 A)
19.
20.
21.
22.
23.
24.
25.