Píxeles Galaicos: "Revolución Feminina"
A artista santiaguesa Nana foi a encargada da creación desta medianeira localizada na Rúa Pino número 149. Ademais de que esta obra está caracterizada pola gran cantidade de cores, tamén destaca a figura principal: unha muller. Ela cobre o seu rostro cun pano vermello, porta nunha das súas mans un ancillo e na outra unha bomba de fume de cor amarela, ambos coñecidos por ser símbolos de revolución.
Coñecías a súa existencia?