Píxeles Galaicos: ‘Eugenia e o dragón da batea’
Coa finalidade de crear un museo a partir dunha cidade enteira, e ó aire libre, levouse a cabo o proxecto "Cidade de Cor", cuxa última edición deixounos con 15 verdadeiras obras de arte en forma de murais.
Dende 2015, esta idea dirixida por Carmela Silva xa derivou en máis dun centenar e medio de pinturas xigantescas, tendo esta derradeira entrega un presuposto de 243.000 euros.
Esta entrega da última edición, creada polo galego Yoseba MP, representa a xa coécidísima Ría de Vigo e a Ponte de Rande, representada no fondo desta pintura.
A figura principal representa a Eugenia, unha bateeira nai dun amigo do pintor, a cal é representada cun "dragón" e situada enriba dunha boia, ó estilo de Dragon Ball.
Este mural encóntrase en Coia, na rúa Vilagarcía de Arousa, plasmado no lateral do edificio número 30.