Día Mundial Do SIDA
Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da SIDA. Ese día reúnense xente de todo o mundo para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar aos que morreron por enfermidades relacionadas coa sida.
Cada Día Mundial contra a SIDA xira arredor dun tema diferente. Este ano o lema será: "Poñer fin ás desigualdades. Poñer fin ao sida. Poñer fin ás pandemias".
A temática deste ano incorpora toda unha lista de retos dos que o Día Mundial da Sida alertou en todo o mundo. Creado en 1988, o Día Mundial contra a SIDA foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo. Desde entón, as axencias das Nacións Unidas, os gobernos e a sociedade civil únense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.