Píxeles Galaicos: O Neno Mariñeiro

   O graffiti de hoxe sitúase na rúa "Gregorio Espinoso", no costado dun edificio.

   Neste graffiti pódese ver a un neno na mar, cun barco de papel na man e peixes de cores ao seu arredor. Noutra cara do edificio, pódese ver un texto que di: "Barcos pescando na alta mar traeranos a tinta con sabor a sal para poder debuxar unha nova cidade". Este texto na miña opinión pode significar que Vigo é unha cidade que crece grazas aos recursos da pesca e á historia que ten.

    Sen dúbida, unha fachada fermosa.


Rodrigo Esparís Álvarez 4 Eso B