GHASTAS PISTA: TERRA (DAKIDARRIA)

TERRA (DAKIDARRIA)


Formada en 2005, esta banda comezou a cantar en castelán nos seus inicios.

Foi a partir do ano 2010 cando pasou ao galego, período que coincide cun momento de auxe da música en galego, e do que o grupo aproveitou facendo gala. de letras nacionalistas e e contra o sistema, e sendo o período de maior sona do grupo.

Ademais, nas súas cancións chegan a incluír palabras de ata 12 idiomas, fan numerosas críticas políticas e sociais contra o capitalismo e o consumismo. A pesar diso, a súa música descríbese como alegre e divertida tentando transmitir a máxima rebeldía e alegría. Defenden o internacionalismo, a liberdade ou a segregación dos pobos e a diversidade cultural.

Numerosos colectivos sociais galegos empregan a súa música para diversos proxectos.

Esta canción, Terra, fai homenaxe a Galicia e aos seus elementos máis representativos, tal e como indica a letra.



https://www.youtube.com/watch?v=sh8QFyYUi4M