GHASTAS PISTA: Midas

    Como xa sabedes as cantareiras galegas Tanxugueiras gañaron, hai pouco tempo, a enquisa para a elección da canción que representará a España en Eurovisión coa súa canción "Figa".

    Aínda así, en febreiro deste ano, lanzaron "Midas", que conserva as características do folclore galego, e que causou sensación no seu momento. O que busca esta peza é fusionar a música tradicional galega coa música contemporánea.

    Esta obra fala de que as riquezas poden xogarte unha mala pasada. O que di a letra é que un home era sagrado, non tiñan nin pesetas nin centavos, mais cando os gañou xa non o quería nin o gando. Depois escoitamos que non quería dar nada a ninguén do que tiña, polo que o comparan cos pobres, que dan o que poden, mentres que os ricos fan mala vida.

    O que podemos deducir desta canción é que por moito que teñamos, non debemos cambiar, así como axudar aos demais.