Ghastas pista: A Lavandeira da noite (Carlos Núñez)

       Esta canción fala sobre unha lenda Galega. Dise que nas noites de lúa chea hai unha lavandeira lavando, pero non é unha calquera, é a Lavandeira da noite.

       Elas pídenche axuda para lavar unha prenda que está manchada de sangue e nunca se quita. Se non aceptas a proposta morres e se a aceptas non podes retorcer a roupa no mesmo sentido que ela se non morres tamén.

       Co cal, se ves a unha delas non a mires nin a fales. Tes que pasar de largo. Pero se che fala ela tes que axudala e procurar retorcer a roupa no sentido contrario a ela.


Clica no vídeo: