GHASTAS PISTA: Figa
Esta canción foi lanzada neste mesmo ano polo grupo das Tanxugueiras. Foron as favoritas dos fans de Eurovisión para representar a España en 2022. A través dela o que pretenden é romper cos estereotipos do mesmo modo que reivindicar o feminismo.
O título fai referencia ó amuleto en forma de puño que se usa para repeler o mal de ollo. Tamén serve contra a envexa e os celos, ademáis de para previr enfermidades. Isto é unha metáfora sobre o machismo. Compáranno co mal de ollo: a figa repelará os malos desexos.
Por outro lado, no vídeo aparecen escenas onde as bruxas son cazadas e queimadas na fogueira. Malia que ás veces non as vexamos, seguen a existir cazas de bruxas por todos sitios, é dicir, o machismo continúa presente aínda que non nos decatemos. Mentres, ó mesmo tempo, brota o empoderamento e a valentía feminina.
Clica no vídeo: