Retranqueir@s
As viñetas de humor gráfico forman parte de case todos os diarios, onde artistas de renome plasman os problemas da actualidade dende unha perspectiva cómica.
Os/as autores/as adoitan ter unha firma que se mantén ao longo do ano nunha sección do xornal . Algúns deles crean personaxes a través dos cales se vehiculan os diferentes temas.
Os/as lectores/as recoñecen de inmediato as diferentes firmas xa que os/as autores/as adoitan presentar un estilo artístico propio e moi definido.
Nos xornais galegos destacan diferentes artistas gráficos como Luis Davila, Kiko da Silva, Carrabouxo, Gogue...
Luis Davila, no Faro de Vigo:
Kiko da Silva, no Correo Gallego (Firma A Silveira):
Carrabouxo, na Región: