Ghastas pista: Figa

As tres cantareiras e pandereteiras Tanxugueiras veñen de converterse nas gañadoras da enquisa “A elección interna 2021”, realizada nun coñecido portal de Internet especializado en Eurovisión. O seu tema Figa foi escollido entre outros cen como candidata para acudir ao festival internacional.

O título adiántanos a temática da peza, ligada ás simboloxías tradicionais, a través da “figa” (un amuleto contra o mal de ollo). A letra constitúe un alegato feminista que denuncia a “cacería de bruxas” da sociedade coas mulleres, tanto no pasado coma no presente. Pretende así manifestar a capacidade feminina para afrontar a vida, máis alá das críticas, medos e envexas: “Anque de min digan, digan, eu non digo de ninguén”. Esta conexión de universos tamén se plasma na música, unha mistura de folk tradicional e sons contemporáneos 


Figa está a romper cos estereotipos. Na historia eurovisiva, ningunha canción escrita nas linguas cooficiais (galego, euskera, valenciano, catalán) concursou nas preseleccións ou chegou a representalo. A súa escolla neste portal especializado abre a esperanza para que algún día se rompan finalmente cos vellos prexuízos.



                            Clica no vídeo!